agregar al carrito
BUSCA OPOSICIONES DESDE AQUÍ
No hay productos en el carrito de la compra

Oposiciones de Arquitectos Técnicos Ayuntamiento Guitiriz 2016

Especialidad: Arquitectos Técnicos - Ingenieros de la Edificación
Área geográfica: Galicia
Fecha Convocatoria: Sin convocar
Plazas: 1
Grupo: A2

Descripción de la oposición
Oposiciones de Arquitectos Técnicos Ayuntamiento Guitiriz 2016

Nuestros temarios se envían siempre actualizados hasta el día de la solicitud. LEA LAS PREGUNTAS FRECUENTES.


MATERIAS COMUNES ARQUITECTOS TÉCNICOS
AYUNTAMIENTO GUITIRIZ

(último temario publicado por el Ayuntamiento de Guitiriz)


Tema 1.- A Constitución española: Características e estrutura. Os dereitos fundamentais, liberdades públicas e os dereitos sociais e económicos.

Tema 2.- Os poderes do Estado. A división de poderes. A Unión Europea: Sistema institucional; o ordeamento xurídico comunitario e a súa relación co español.

Tema 3.- O poder lexislativo, executivo e xudicial. O sitema económico constitucional.

Tema 4.- A organización territorial do Estado. A Administración xeral. Administración autonómica e administración local. O Estatuto de autonomía de Galicia. O réxime local e a autonomía municipal.

Tema 5.- Fontes do dereito administrativo: A Lei e o regulamento. A intervención administrativa local: A potestade regulamentaria das entidades locais. Regulamentos, ordenanzas e bandos: O seu procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 6.- Clases de entidades locais e as súas competencias. A organización municipal. Órganos necesarios: O Alcalde, os tenentes de Alcalde, a Xunta de Goberno Local, o Pleno da Corporación. A Organización municipal complementaria. As competencias dos distintos órganos locais.

Tema 7.- A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos: A Administración e o administrado. Capacidade e representación. Dereitos do administrado. Os principios de actuación da Administración Pública.

Tema 8.- Procedemento administrativo: Iniciación, ordeación e instrucción O acto administrativo: Concepto e clases. Elementos. Eficacia e validez dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo

Tema 9.- A terminación do procedemento administrativo Motivación, notificación e publicación dos actos administrativos. Terminación convencional. A resolución. Desestimento e renuncia; a caducidade.

Tema 10.-. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración. A declaración de lesividade. A revocación de actos. A rectificación de erros materiais e de feito. Réxime de recursos no procedemento administrativo. O silencio administrativo.

Tema 11.- . O estatuto básico do empregado público. O persoal ao servizo das corporacións locais: Clases e réxime xurídico. Os instrumentos de organización do persoal: cadro de persoal e relacións de postos de traballo. A selección dos/as empregados públicos locais.

Tema 12.- Os dereitos e deberes dos/as empregados/ as públicos locais. O réxime disciplinario. A responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades. A igualdade efectiva entre homes e mulleres.


MATERIAS ESPECÍFICAS ARQUITECTOS TÉCNICOS
AYUNTAMIENTO GUITIRIZ

(último temario publicado por el Ayuntamiento de Guitiriz)


Tema 13.- A expropiación forzosa. Procedemento expropiatorio. A expropiación no planeamento urbanístico.

Tema 14.- A Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (I): Delimitación de tipos contractuais. A aptitude para contratar co sector público. As garantías a prestar na contratación administrativa: A preparación, selección e adxudicación, execución, modificación e extinción dos contratos. Cesión e subcontratación. Mesa de contratación, mesa especial de diálogo competitivo e xurados de concursos.

Tema 15.- Normas específicas de contratación nas Entidades Locais. Normas específicas de preparación, procedementos e formas de adxudicación, duración, execución, modificación, cumprimento e resolución dos diferentes contratos administrativos na Lei 30/2007, do 30 de outubro, e normativa de desenvolvemento.

Tema 16.- A Facenda Local. O orzamento municipal. Clasificación de ingresos. Especial mención ao imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Tema 17.- Reparto competencial entre Administracións en materia urbanística. Antecedentes e lexislación urbanística vixente.

Tema 18.- O Real Decreto Lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo. Principios, réxime urbanístico do solo, dereitos e deberes dos propietarios.

Tema 19.- A Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia. Os diferentes sistemas de ordenación do territorio. Especial mención ós plans e proxectos sectorias; a súa relación co planeamento urbanístico.

Tema 20.- A Lei 9/2002, de Ordeación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia: Principios inspiradores, principios xerais, obxecto, aspectos da función urbanística. A Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordeación do territorio e do litoral de Galicia. A Lei 6/2008.do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo.

Tema 21.- O planeamento urbanístico. Clases de instrumentos de ordenación. O planeamento supramunicipal. Elaboración, aprobación, modificación e efecto de aprobación dos plans, a súa vixencia e revisión. A Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

Tema 22.- O solo urbano na lexislación urbanística vixente. Ordenanzas aplicables no planeamento municipal de Guitiriz.

Tema 23.- O solo urbanizable na lexislación urbanística vixente. Ordenanzas aplicables no planeamento municipal de Guitiriz.

Tema 24.- O solo rústico na lexislación urbanística vixente. Ordenanzas aplicables no planeamento municipal de Guitiriz.

Tema 25.- O solo de núcleo rural na lexislación urbanística vixente. Ordenanzas aplicables no planeamento municipal de Guitiriz.

Tema 26.- Execución dos plans de ordenación na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Finalidade, competencias e orzamentos da execución. Polígonos, procedemento para a súa delimitación. Actuacións illadas. Sociedades mercantís para a execución do planeamento. Obtención do solo de sistemas xerais e dotacións públicas. Sistemas xerais e dotacións públicas locais. Ocupación directa

Tema 27.- Sistemas de actuación na Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia. Clases de sistemas. Elección do sistema. Procedemento para a súa determinación. Cumprimento das previsións. Polígonos con exceso de aproveitamento real. Polígonos con aproveitamento real inferior ao susceptible de apropiación. Compensación de cargas. Distribución xusta de cargas e beneficios. Gastos de urbanización.

Tema 28.- Instrumentos de intervención no mercado do solo na Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Patrimonio municipal de solo. Constitución. Bens que o integran. Destino. Dereito de superficie, réxime xurídico.

Tema 29.- A Lei de ordenación da edificación. Disposicións xerais. Esixenzas técnicas e administrativas das edificacións. Axentes da edificación. Responsabilidades e garantías. A lexislación de vivienda en Galicia. Especial referencia a lexislación de vivendas de Galicia.

Tema 30.- Os bens das entidades locais. Clases. Prerrogativas e potestades das entidades locais respecto dos seus bens. Os bens de dominio público. Afectación e desafectación. Réxime de utilización. Os bens comunais. Os bens patrimoniais. Réxime de utilización, aproveitamento, deleite e alleamento. O inventario. As licenzas de uso dos bens e o seu procedemento. A concesión administrativa.

Tema 31.- A intervención administrativa local: As licencias locais: Actos suxeitos. Procedemento de outorgamento: Instrución e resolución. Formalización das licencias. Efectos fronte a terceiros. Transmisibilidade das licencias. Duración. Extinción. As licencias de primeira utilización ou ocupación das edificacións e instalacións. Os parcelamentos urbanísticos e as licenzas de segregación.

Tema 32.- Disciplina urbanística: Principios e legislación aplicable. O procedemento de resposición da legalidade urbanística. Obras sen licenza en curso de execución. Obras terminadas sen licenza. Outros actos sen licenza. Suspensión de licenzas. Revisión de licenzas ou ordes de execución. Protección da legalidade en solo protexido, zonas verdes, espazos libres, dotacións, equipamentos e outras medidas complementarias.

Tema 33.- Infraccións e sancións. Definición das infraccións urbanísticas. Tipificación, prescrición, persoas responsables, regras de determinación da contía das sancións e a súa gradación. Órgaos sancionadores. Principios e procedemento sancionador.

Tema 34.- Deber de conservación e ruína. A declaración de ruína. As ordes de execución. As medidas executorias aplicables na Administración.

Tema 35.- A lexislación de protección ambiental de Galicia (Lei 1/1995, de 2 de xaneiro). As licenzas de actividade. Actividades inocuas. Actividades suxeitas á avaliación de incidencia ambiental de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño. A declaración de efectos ambientais; a declaración de impacto ambiental. Conceptos e procedementos. A autorización ambiental integrada. Control e inspeccións.

Tema 36.- O regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas. Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas na Comunidade Autónoma de Galicia: Normativa aplicable. A protección contra a contaminación acústica e a súa lexislación aplicable (Lei 7/97, do 11 de agosto, Decreto 150/99, do 7 de maio, Decreto 320/2002, do 7 de novembro, Lei 37/2003, do 17 de novembro, RD 1.513/2005, do 16 de decembro, RD 1.367/2007, do 19 de outubro).

Aviso Legal y Condiciones de compra | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © 1996-2019 La Escuela de Oposiciones Técnicas

Contacta con nosotros

 918289688 | 637200311


¿Prefieres que te llamemos?

Su Email se envio con exito.

Hubo un erro al enviar el email.