
26/04/2024. Publicado en el BOE el anuncio de la convocatoria de 3 plazas de Arquitecto Técnico para el Ayuntamiento de A Coruña.
07/12/2024. Publicadas en BOP las bases específicas de la convocatoria de 3 plazas de Arquitecto Técnico para el Ayuntamiento de A Coruña. Pendiente de publicación en BOE.
Consulte las preguntas frecuentes y las condiciones de compra.
Temario: Parcialmente disponible.
El temario de esta oposición es el siguiente:
PARTE COMÚN:
TEMA 1.- A Constitución Española. Estrutura. Os principios constitucionais: o estado social e democrático de Dereito. Os valores superiores na Constitución española. Título preliminar. Os dereitos e deberes fundamentais, as súas garantías e suspensión. As Cortes Xerais. A reforma constitucional.
TEMA 2.- O Goberno: Composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. A organización territorial do Estado. Réxime de competencias: sistema de distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas: competencias exclusivas, compartidas, concorrentes, de desenvolvemento e de execución. O Estado das Autonomías. Os Estatutos de Autonomía. Relación entre o Estado e as Comunidades Autónomas.
TEMA 3.- O Estatuto de autonomía de Galicia. Título preliminar. O poder galego: o Parlamento. A Xunta e o seu presidente. As competencias de Galicia.
TEMA 4.- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Disposicións xerais. Dos interesados no procedemento. Da actividade das Administracións Públicas. Dos actos administrativos. A revisión de actos en vía administrativa: revisión de oficio. Recursos administrativos.
TEMA 5.- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Das disposicións sobre o procedemento administrativo común: Garantías do procedemento. Iniciación do procedemento. Ordenación do procedemento. Instrución do procedemento. Execución. Finalización do procedemento. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común.
TEMA 6.- O réxime local. Regulación xurídica. O municipio: concepto e elementos: Territorio e poboación. Organización. Competencias. O réxime de organización dos municipios de gran poboación: ámbito de aplicación. Organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios.
TEMA 7.- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Do municipio: territorio, poboación e organización, rexímenes municipais especiais. Outras entidades locais.
TEMA 8.- O persoal ao servizo das Administracións Públicas: Clases de persoal. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos individuais. Deberes e código de conducta. Xornada de traballo permisos, licenzas e vacacións. Dereitos retributivos. Incompatibilidades.
TEMA 9.- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais. Recursos das facendas locais: Enumeración. Imposición e ordenación dos tributos locais. Taxas. Prezos Públicos. Contribucións especiais. Impostos locais: enumeración, natureza e feito impoñible. Os orzamentos: Contido e aprobación.
TEMA 10.- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime xurídico do sector público. Disposicións xerais. Dos órganos das Administracións Públicas: órganos administrativos, competencias, órganos colexiados, abstención e recusación. Os convenios. Principios da potestade sancionadora. Da responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
TEMA 11.- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Transparencia da actividade pública. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Disposicións xerais. Principios da protección de datos. Dereitos das persoas. Responsable e encargado do tratamento de datos. Réxime sancionador.
TEMA 12.- Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: Obxecto e ámbito da lei. O principio de igualdade e a tutela contra a discriminación. Políticas públicas para a igualdade. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade autónoma de Galicia en materia de igualdade: As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega.
PARTE ESPECÍFICA:
TEMA 1.- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Solo e Rehabilitación Urbana (I). Estatuto básico do cidadán. Estatuto básico da iniciativa e a participación na actividade urbanística.
TEMA 2.- Real decreto lexislativo 7/2015 (II). Bases do réxime do solo.
TEMA 3.- A Lei 2/2016 de solo de Galicia e o Decreto 143/2016 polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento (I). Principios xerais.
TEMA 4.- Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (I). Regulación integrada do exercicio de actividades.
TEMA 5.- Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos. Réxime de comunicación previa. Avaliación de incidencia ambiental.
TEMA 6.- Ordenanza municipal reguladora das condicións de implantación dos usos vinculados coa hostalaría, ocio e comercio (BOP do 11/08/2014).
TEMA 7.- Lei 2/2016 e decreto 143/2016 (II): A clasificación urbanística do solo. Solo urbano, de núcleo rural, urbanizable e rústico. Réxime das distintas clases e categorías do solo: dereitos e deberes dos propietarios do solo.
TEMA 8.- O planeamento urbanístico. Clases de instrumentos de ordenación. Límites de sostibilidade. O plan básico autonómico.
TEMA 9.- O planeamento de desenvolvemento: plans parciais e plans especiais. Contido, determinacións e documentación. Procedemento de elaboración e aprobación.
TEMA 10.- Outros instrumentos: Os estudos de detalle. Os catálogos. Contido, determinacións e documentación. Procedemento de elaboración e aprobación.
TEMA 11.- Sistemas de actuación. Elección do sistema. O cumprimento dos prazos de equidistribución e urbanización.
TEMA 12.- Sistema de cooperación. Sistema de compensación. Sistema de expropiación. Sistema de concerto.
TEMA 13.- Obtención de solo de sistemas xerais e locais.
TEMA 14.- Valoracións urbanísticas e expropiatorias. Regulación contida no texto refundido da Lei do solo e no Regulamento de valoracións (Real decreto 1492/2011).
TEMA 15.- Títulos habilitantes de natureza urbanística: Licenzas Urbanísticas, definición, obxecto, actos suxeitos a licenza. Documentación e procedemento. Prelación de licenzas e outros títulos administrativos.
TEMA 16.- Prazos de edificación. Caducidade das licenzas. As licenzas de ocupación dos inmobles. Revisión e suspensión das licenzas.
TEMA 17.- Comunicacións previas. Definición, obxecto e procedemento para a tramitación. Prazos.
TEMA 18.- Parcelacións urbanísticas, segregacións e división de terreos.
TEMA 19.- Deberes dos propietarios de terreos, construcións e instalacións. As ordes de execución. Execución forzosa e subsidiaria.
TEMA 20.- A situación de ruína. Supostos. Procedemento. Consecuencias da súa declaración. A ruína inminente.
TEMA 21.- Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles (BOP núm. 54 do 21/03/2022).
TEMA 22.- Inspección urbanística. A protección da legalidade urbanística.
TEMA 23.- O PXOM do 2013: Disposicións Xerais. Instrumentos de desenvolvemento e intervención na edificación e uso do solo. Réxime urbanístico do solo.
TEMA 24.- O PXOM do 2013 da Coruña: Condicións dos usos.
TEMA 25.- O PXOM do 2013 da Coruña: Condicións xerais da edificación.
TEMA 26.- O PXOM do 2013 da Coruña: Condicións particulares da edificación no solo urbano. Normas Zonais.
TEMA 27.- Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixería (PEPRI). Normativa urbanística: disposicións xerais e condiciones de protección do patrimonio. Medidas para a protección e regulación.
TEMA 28.- Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixería (PEPRI). Normativa urbanística: tipificacións das actuacións. Obras na edificación. Agrupación de parcelas. Normas xerais de uso. Condicións xerais de estética. Condicións hixiénico- sanitarias e de habitabilidade.
TEMA 29.- Lei 38/1999 de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e Garantías.
TEMA 30.- O código técnico da edificación: disposicións xerais. Contido. Condicións técnicas e administrativas. Esixencias básicas. Documentos básicos. Ámbito de aplicación. DB-SE: seguridade estrutural, accións na edificación, cimentos, aceiro, fábrica e madeira.
TEMA 31.- Seguridade en caso de incendios na edificación. DB-SI.
TEMA 32.- Condicións acústicas na edificación Normativa técnica. DB-HR.
TEMA 33.- Seguridade de utilización na edificación. Esixencias básicas SUA1 a SUA 8.
TEMA 34.- Accesibilidade. Esixencia básica SUA 9. Seguridade de utilización e accesibilidade.
TEMA 35.- Normativa estatal vixente en materia de accesibilidade. Aspectos básicos do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
TEMA 36.- Orde TMA/851/2021, de 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.
TEMA 37.- Lei 10/2014, de 3 de decembro de accesibilidade e Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro. Conceptos básicos. Niveles de accesibilidade. Código accesibilidade.
TEMA 38.- Normas de habitabilidade de vivendas en Galicia: Decreto 29/2010 polo que se aproban as Normas Técnicas de Habitabilidade de Vivendas. Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda.
TEMA 39.- Certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.
TEMA 40.- Seguridade e saúde nas obras de construción. Real decreto 1627/1997. Disposicións mínimas. Disposicións específicas nas fases de proxecto e execución das obras. O coordinador. Estudio de seguridade e saúde: supostos de obrigatoriedade e contidos. Plans de seguridade e saúde. Principios xerais aplicables ao proxecto e á execución.
TEMA 41.- O Real Decreto 105/2008. Produción e xestión dos residuos da construción e derrubamento. Concepto. Obrigas do produtor de residuos de construción e derrubo.
TEMA 42.- Contratos do Sector Público. Obxecto e ámbito de aplicación. Delimitación dos tipos contractuais. Partes do contrato: Órgano de contratación. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, precio e a súa revisión. Competencias e normas específicas de contratación nas entidades locais.
TEMA 43.- Lexislación de Estradas: estatal e autonómica. Lexislación do sector ferroviario.
TEMA 44.- Lexislación en materia de costas. Dominio público marítimo-terrestre e as súas zonas de protección (servidumes e outras limitacións). A súa incidencia no urbanismo.
TEMA 45.- Lexislación en materia de augas. Dominio público hidráulico e as súas zonas de protección (servidumes e outras limitacións). A súa incidencia no urbanismo.
TEMA 46.- Lexislación estatal e autonómica de protección do patrimonio cultural. Clasificación, declaración e catalogación dos bens do Patrimonio cultural de Galicia.
TEMA 47.- Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia. Réxime de protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia. Réxime específico de protección e acceso dos bens de interese cultural. Réxime específico de protección dos bens catalogados.
TEMA 48.- Instrumentos específicos de protección das paisaxes culturais e dos territorios históricos. Os Camiños de Santiago. Bens culturais específicos.