03/05/2021. El BOE publica el anuncio de la convocatoria de 1 plaza de Técnico medio en Organización para la Diputación de Pontevedra. La plaza corresponde al proceso de estabilización. La plaza queda reservada para personas con discapacidad.
El temario de la oposición es el siguiente:
Materias xerais:
1.—A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
2.—Organización territorial do Estado: principios constitucionais. A Administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración. Contido. Reforma.
3.—A Administración pública no ordenamento español. Concepto e acepcións. Elementos. Regulación. Tratamento constitucional. Personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas. Principios de actuación na Administración pública: consideracións previas. Enumeración e exame de cada un.
4.—Sometemento da Administración pública á lei e ao dereito. Fontes de dereito público. O regulamento: concepto, fundamento e clases. Outras fontes de dereito administrativo: hábito, práctica administrativa, principios xerais do dereito, tratados internacionais e xurisprudencia
5.—O acto administrativo: concepto, clases e elementos.
6.—O procedemento administrativo: fases do procedemento.
7.—O réxime local español. Concepto de Administración local. Evolución. Principios constitucionais. Regulación legal.
8.—A provincia. Antecedentes, conceptos e caracteres. A organización provincial. Competencias
9.—O municipio. Concepto. Elementos esenciais. A organización municipal. Competencias.
10.—A función pública local. Clases de persoal. A organización da función pública local. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario. Situacións.
11.—Dereitos e deberes do persoal funcionario público. Dereitos económicos. Réxime disciplinario
12.—Prevención de riscos laborais. Dereitos e obrigas. Protección de datos. Principios e dereitos da persoa. Igualdade. Principios reitores.
Materias específicas:
Primeira parte:
1.—Políticas de igualdade de xénero. Políticas contra a violencia de xénero. Discapacidade e dependencia.
2.—A executividade dos actos administrativos: o principio de autotutela executiva. A execución forzosa dos actos administrativos: os seus medios e principios de utilización. A coacción administrativa directa. A vía de feito.
3.—Os contratos do sector público: as directivas europeas en materia de contratación pública. Obxecto e ámbito de aplicación da LCSP. Tipos de contratos do sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados.
4.—As partes dos contratos do sector público. Os órganos de contratación. A/o contratista. A capacidade e solvencia da/do contratista. Prohibicións para contratar. Clasificación.
5.—Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías esixibles na contratación do sector público. Preparación dos contratos das administracións públicas: expediente de contratación, prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
6.—Adxudicación dos contratos nas Administracións públicas: normas xerais e procedementos de adxudicación. O Perfil do Contratante. Normas específicas de contratación pública nas entidades locais.
7.—A actividade subvencional das administracións públicas: tipos de subvencións. Procedementos de concesión e de xestión das subvencións. Reintegro das subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións.
8.—A Unión Europea: orixe e a evolución histórica da integración europea: Dos primeiros tratados ata o Tratado de Lisboa.
9.—Institucións e organismos da UE (I). O Parlamento Europeo, O Consello Europeo, Consello da Unión Europea e a Comisión Europea: marco normativo, composición, funcionamento e competencias.
10.—Institucións e organismos da UE (II). O Comité Económico e Social Europeo, o Comité das Rexións e o Banco Europeo de Investimentos: marco normativo, composición, funcionamento e competencias.
11.—Dereito da UE. Tratados e Dereito Derivado. As directrices e os regulamentos comunitarios. As decisións, as recomendacións e ditames. Dereito europeo e Dereito dos países membros. Relacións con CC. AA. e EE. LL.
12.—Os procedementos supranacionais de adopción de decisións e o procedemento orzamentario da Unión Europea: Marco xurídico, aspectos fundamentais e principais fitos.
13.—A loita contra a fraude na Unión Europea: marco xurídico e principais sistemas de control. A Oficina Europea de Loita contra a Fraude ( OLAF): marco xurídico e competencias.
14.—A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. A transparencia da actividade pública. Dereito de acceso á información pública: réxime, solicitude, tramitación e resolución, recursos. Bo goberno: ámbito de aplicación, principios, infraccións e sancións, órgano competente e procedemento, prescrición. O Consello de Transparencia e Bo Goberno: funcións.
15.—A Lei de protección de datos: normativa reguladora. Dereito á protección de datos. Principios informadores. Dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de datos. O dereito de acceso á información pública.
16.—O acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
Segunda parte:
17.—O emprego na política da Unión Europea: marco normativo e evolución desde os primeiros tratados ata a actualidade. A Estratexia Europa 2020.
18.—A igualdade entre homes e mulleres na Unión Europea: marco normativo e evolución desde os primeiros tratados ata a actualidade. Os obxectivos de desenvolvemento sostible e a igualdade entre homes e mulleres.
19.—As pequenas e medianas empresas na política comunitaria: marco normativo e evolución desde os primeiros tratados ata a actualidade. Unha estratexia para as pemes en prol dunha Europa sostible e dixital: contexto e liñas clave.
20.—A política enerxética da Unión Europea: marco normativo e a súa evolución. A Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2018 relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables: obxecto, definicións e obxectivo global vinculante da Unión para 2030.
21.—A política de medio ambiente na UE: marco normativo, xénese e evolución. O Programa de Acción en materia de Medio Ambiente ata 2030: Principais retos.
22.—A acción da UE contra o cambio climático: marco normativo, xénese e evolución. O Pacto Verde Europeo: contexto e obxectivos climáticos.
23.—A eficiencia no uso dos recursos e a economía circular: Marco normativo e contexto xeral. O Novo Plan de acción para a economía circular por unha Europa máis limpa e máis competitiva: principios fundamentais.
24.—A política agrícola común (PAC): Base xurídica e xustificación da PAC. Paquete de reformas da PAC posterior a 2020: acordos adoptados e próximos pasos.
25.—A política pesqueira común (PPC): marco normativo, orixes e evolución. Reforma da PPC: principais aspectos. A economía azul da UE: principios fundamentais.
26.—A política turismo na Unión Europea: marco normativo, evolución recente e retos de futuro. Resolución do Parlamento Europeo, do 19 de xuño de 2020, sobre o transporte e o turismo en 2020 e en diante: principios fundamentais.
27.—A política cultural comunitaria: marco normativo e contexto xeral. Conclusións do Consello sobre o plan de traballo en materia de cultura (2019-2022): prioridades e medidas.
28.—A educación e a formación profesional na esfera comunitaria: marco normativo e contexto xeral. O marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación ( ET 2020): obxectivos, ferramentas e instrumentos. A nova Axenda de Capacidades para Europa: medidas.
29.—A mocidade e o deporte: marco normativo e contexto xeral. Resolución do Consello da Unión Europea sobre a Estratexia da Unión Europea para a Mocidade 2019-2027: obxectivos xerais, principios reitores e metas
30.—A gobernanza económica da Unión Europea: marco xurídico, obxectivos e ámbitos da gobernanza.
31.—O marco da Unión para as políticas orzamentarias. Principios fundamentais do Pacto de Estabilidade e Crecemento. Semestre Europeo: marco xurídico e funcionamento.
32.—A asistencia financeira aos Estados membros da Unión: marco normativo e aspectos fundamentais do Mecanismo Europeo de Estabilidade ( MEDE). Parte IV Fontes de financiamento da Unión Europea.
Terceira parte:
33.—Os piares de Next Generation EU: descrición, obxectivos, estrutura e orzamento. O Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello do 14 de decembro de 2020 polo que se establece un Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19: obxecto, ámbito de aplicación, financiamento do instrumento e asignación de fondos.
34.—O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia: descrición, obxectivos e orzamento. O Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España: contexto, directrices e políticas panca.
35.—Principais novidades da Real decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
36.—O Marco Financeiro Plurianual 2021-2027: base xurídica, definición, estrutura do orzamento e estado actual.
37.—A cooperación territorial europea: marco normativo, contexto xeral, cobertura xeográfica e disposicións específicas para os programas de cooperación. As agrupacións europeas de Cooperación Territorial (AECT): marco normativo, estrutura e funcionamento.
38.—O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER): base xurídica, obxectivos, concentración temática, orzamento e principais novidades para o período actual 2021-2027.
39.—Fondo de Transición Xusta (FTJ): base xurídica, contexto, obxectivos, orzamento e normas financeiras.
40.—Axuda á Recuperación para a Cohesión e os Territorios de Europa (REACT-UE): réxime normativo, antecedentes, obxectivos e orzamento.
41.—Fondo Social Europeo Plus (FSE+): marco normativo, descrición, obxectivos, estrutura, orzamento e principais novidades para o período actual 2021-2027.
42.—Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP): marco normativo, descrición, obxectivos, estrutura, orzamento e principais novidades para o período actual 2021-2027.
43.—Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea (Horizonte Europa) para os anos 2021-2027: base xurídica, descrición, obxectivos, estrutura, orzamento e principais novidades.
44.—Programa LIFE de Medio Ambiente e Acción polo Clima: marco normativo, descrición, obxectivos, estrutura, orzamento e principais novidades para o período actual 2021-2027.
45.—Iniciativa Urbana Europea: descrición, obxectivos, estrutura, orzamento e principais novidades para o período actual 2021-2027.
46.—Programa Erasmus+: marco normativo, descrición, obxectivos, estrutura, orzamento e principais novidades para o período actual 2021-2027.
47.—A Axenda 2030. Obxectivos de desenvolvemento sostible. Vínculos da Deputación de Pontevedra coa Axenda 2030.
48.—Plan estratéxico provincial de Fondos Europeos para o período 2021-2027: descrición, obxectivos, estrutura e orzamento.