03/05/2021. El BOE publica el anuncio de la convocatoria de 1 plaza de Técnico Superior en Administración especial mediante el sistema de concurso-oposición en turno libre.
El temario de la oposición es el siguiente:
Materias xerais:
1.—A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
2.—A Coroa, carácter, sucesión e proclamación. Funcións. O poder lexislativo: as funcións e os órganos. Elementos do órgano lexislativo. As Cortes Xerais.
3.—O Goberno. Concepto. Composición. Cesamento do Goberno. Responsabilidade. Funcións do Goberno. Deberes.
4.—O Poder xudicial: concepto xeral. Principios de organización xudicial. Manifestacións da xurisdición. Órganos xurisdicionais. O Consello Xeral do Poder Xudicial.
5.—Organización territorial do Estado: principios constitucionais. A Administración local. As comunidades autónomas. Os estatutos de autonomía: o seu significado. Elaboración. Contido. Reforma.
6.—A Administración pública no ordenamento español. Concepto e acepcións. Elementos. Regulación. Tratamento constitucional. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas. Principios de actuación na Administración pública: consideracións previas. Enumeración e exame de cada un.
7.—Sometemento da Admón. pública á lei e ó dereito. As fontes do dereito público. O regulamento: concepto, fundamento, clases de regulamentos. Outras fontes do dereito administrativo: o hábito, a práctica administrativa, os principios xerais do dereito, tratados internacionais e xurisprudencia.
8.—O acto administrativo. Concepto. Clases e elementos.
9.—O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo. Suspensión da execución. Audiencia do interesado. Resolución. Os recursos administrativos. Concepto. Clases. Obxecto
10.—O réxime local español. Concepto de Administración local. Evolución. Principios constitucionais. Regulación legal.
11.—A provincia. Antecedentes, concepto e caracteres. A organización provincial. Competencias.
12.—O municipio. Concepto. Elementos esenciais. A organización municipal. Competencias.
13.—Funcionamento dos órganos colexiados locais. Réxime de sesións. Acordos. Actas e certificados.
14.—A función pública local. Concepto de funcionariado. Clases. Organización da función pública local. Adquisición e perda da condición de funcionariado. Situacións.
15.—Dereitos e deberes do funcionariado público. Dereitos económicos. Réxime disciplinario.
16.—O orzamento das entidades locais: concepto, contido, anexos, estrutura orzamentaria, formación e aprobación, entrada en vigor, exercicio orzamentario, liquidación e modificacións orzamentarias.
17.—Prevención riscos laborais. Dereitos e obrigas.
18.—Protección de datos. Principios e dereitos da persoa. Igualdade: Principios reitores
Materias específicas:
Primeira parte:
1.—Introdución á estatística: sentido e significado. Análise estatística dos datos.
2.—Funcións da estatística: estatística descritiva e estatística inferencial. Teoría, estatística e medición de variables.
3.—Estatística descritiva univariable: A lóxica da análise comparativa. Tipos de comparación. Operacións básicas de comparación.
4.—Estatística inferencial: probabilidades e tipos de mostraxe.
5.—Características dunha distribución de frecuencias: Tendencia central, dispersión e forma. A distribución normal.
6.—O emprego das probas de decisión estatística na investigación social. Distribucións muestrales.
7.—Poboación e mostra. Técnicas de mostraxe. Rumbos de mostra.
8.—Distribución na mostraxe dunha proporción. Estimadores centrados. Erro típico de estimación e a precisión do estimador da proporción.
9.—Intervalos de confianza. Estimación en poboacións pequenas. Determinación do tamaño mostral.
10.—Organización e tabulación de datos. Frecuencia absoluta. Frecuencia relativa. Frecuencia acumulada.
11.—Datos estatísticos e a súa representación gráfica. Diagrama de barras e sectores. Histograma. Outras técnicas de representación gráfica.
12.—Redución de datos: medidas de tendencia central. Media, mediana e moda.
13.—Medidas de dispersión. Representatividade da media: concentración, dispersión e percorrido.
14.—A desviación media. A varianza e a desviación típica. O coeficiente de variación.
15.—Medidas de asimetría. Medidas de curtose ou apuntamento. Medidas de concentración.
Segunda parte:
16.—Distribución conxunta de frecuencias: táboas de dobre entrada. Distribucións marxinais. Distribucións condicionadas.
17.—Distribución conxunta de dúas variables discretas. Media da distribución condicionada. A construción de táboas.
18.—Distribución conxunta de dúas variables continuas. Diagrama de dispersión. A covarianza. Coeficiente de correlación. Correlación e heteroxeneidade. Correlación e causalidade.
19.—A construción e manexo de táboas. Diferentes tipos de táboas. Construción e interpretación de táboas baseadas en respostas múltiples.
20.—Recta de regresión e correlación simple. Obxectivos. Uso. A recta de regresión. Axuste. Residuos. Mínimos cadrados.
21.—Tipos de técnicas multivariantes. O porqué da análise multivariante. Criterios para elixir a técnica analítica adecuada.
22.—Análise previa dos datos. Exame gráfico dos datos. Datos ausentes. Casos atípicos. Comprobación dos supostos de análises multivariante. Incorporación de datos non métricos con variables ficticias.
23.—Series cronolóxicas. Definición e representación gráfica. Clasificación das series temporais.
24.—A descomposición básica dunha serie temporal. Análise de tendencia. Análise da estacionalidade.
25.—Principios básicos de análise demográfica. Diagrama de Lexis. Fenómenos demográficos.
26.—A análise dos fenómenos demográficos: taxas, cocientes, proporcións. Análise lonxitudinal e análise transversal.
27.—O crecemento demográfico e os seus compoñentes. A natalidade. A mortalidade. A transición demográfica e o crecemento cero.
28.—O estudo da poboación. Transición demográfica. Transición epidemiolóxica.
Terceira parte:
29.—Fontes estatísticas demográficas: o censo de poboación. Padróns e rexistros de poboación.
30.—Fontes estatísticas demográficas: o Movemento Natural da Poboación. Estatísticas de migracións. Enquisas demográficas.
31.—Estrutura da poboación. Pirámides de poboación. Envellecemento da poboación.
32.—Os movementos migratorios. Migracións interiores e exteriores. Cambios demográficos e sociolóxicos. Medición da migración.
33.—Esperanza de vida e esperanza de vida libre de incapacidade. Efectividade da intervención e custo beneficio. Demanda sanitaria e política sanitaria.
34.—Tipos de variación poboacional. Explosión demográfica. Características da explosión demográfica.
35.—Indicadores sociais. Obxectivos da elaboración de indicadores sociais. Áreas principais de aplicación. Criterios de selección dos indicadores. Procedementos de elaboración. Desagregacións xeográficas e sociolóxicas.
36.—As enquisas sociais a familias: Condicións de vida, uso do tempo, etc.
37.—Modalidades da estrutura por sexo e idade. Factores determinantes da composición por sexo e idade.
38.—Natalidade. Fecundidade. Mortalidade. Indicadores.
39.—A evolución do pensamento económico.
40.—O obxecto da economía. Factores produtivos. Os problemas económicos de toda sociedade.
41.—A fronteira das posibilidades de produción. O custo de oportunidade.
42.—O principio do custo de oportunidade. O principio marxinal. O principio do valor real do diñeiro: poder adquisitivo.
43.—O ciclo económico. Os desaxustes entre a oferta e a demanda agregadas: o desemprego.
44.—As estatísticas laborais: a Enquisa de Poboación Activa. Movemento laboral rexistrado.
45.—A renda e o gasto persoal e familiar. Fontes estatísticas para o seu estudo. A enquisa da pobreza e as desigualdades sociais. Variables socioeconómicas relevantes na análise da renda.
Cuarta parte:
46.—O funcionamento da economía do mercado. O equilibrio do mercado. O mecanismo de mercado e a asignación de recursos.
47.—O mercado de traballo en España. Poboación activa, ocupación e paro. Políticas públicas de emprego.
48.—A nova economía e o crecemento económico. O impacto das TICS sobre a sociedade. As consecuencias da globalización.
49.—A perspectiva sociolóxica. O nacemento da socioloxía como ciencia. Dimensión teórica e empírica da socioloxía.
50.—Os feitos sociais: a realidade social. O achegamento á realidade. A análise da realidade desde as ciencias sociais.
51.—A investigación social. Teoría e investigación empírica nas ciencias sociais. As fases da investigación social.
52.—O deseño práctico da investigación. Obxectivos, técnicas, distribución do tempo e orzamentos.
53.—A medición en ciencias sociais. Operacionalización de conceptos. Niveis de medición. Validez e fiabilidade.
54.—O uso da información rexistrada. A información secundaria. Valoración e utilización das fontes dispoñibles en España.
55.—Métodos de investigación sociolóxica. Métodos de investigación cuantitativos. Métodos de investigación cualitativos.
56.—A enquisa: unha perspectiva xeral metodolóxica. Análise e conclusións.
57.—Investigación de mercados e socioloxía do consumo: Xénese da sociedade de consumo. A sociedade de consumo en España.
58.—O estado de Benestar. Definición e antecedentes. Fases. A crise do Estado de Benestar.
59.—A cultura política. Os partidos políticos. Eleccións e sistemas electorais. O sistema electoral español. Quinta parte:
60.—Sociedade civil e participación cidadá. Grupos de interese, grupos de presión e movementos sociais. Participación cidadá e innovación democrática: novas formas de participación. O rol da Administración pública como facilitador da participación cidadá.
61.—As políticas públicas: elaboración. Ciclo das políticas públicas. Actores e redes de actores. Modelos de decisión.
62.—A execución das políticas públicas. Xestión, resultados e reformulación.
63.—A avaliación das políticas públicas. Tipos. Criterios, indicadores e estándares.
64.—A planificación da xestión pública. A planificación estratéxica e operativa. A dirección por obxectivos. A programación de proxectos. Xestión de proxectos e xestión por obxectivos.
65.—As organizacións. Concepto. Organización formal e informal. Redes de comunicación e relación. Comunicación interna e externa.
66.—A dirección nas organizacións. Xerarquía, liderado e participación.
67.—Medios de comunicación e cultura popular. A globalización dos medios de comunicación.
68.—Relacións de xénero: políticas de igualdade, de non discriminación e de tolerancia. Políticas na Unión Europea, España e Galicia.
69.—Capital social e redes sociais.
70.—A globalización. Efectos políticos, sociais, económicos e ambientais.
71.—O comercio internacional. A política comercial: o proteccionismo económico. As principais medidas proteccionistas. Outros obstáculos ao libre comercio.
72.—A Unión Europea. Principios que rexen a actividade da Unión Europea. A estrutura institucional. Fundamentos da Unión Europea.