12/03/2021. El Ayuntamiento de Lugo convoca 1 plaza de Archivero, mediante el sistema de oposición, en turno libre. Puedes consultar las bases de la convocatoria en el BOP de Lugo del 23 de diciembre de 2020.
El temario de la oposición es el siguiente:
MATERIAS COMUNES
TEMA 1.- A Constitución española de 1978: estrutura e contido. A reforma constitucional. A Coroa. Sucesión. O Rei: as súas funcións.
TEMA 2.- Dereitos fundamentais e liberdades públicas.
TEMA 3.- As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.
TEMA 4.- O Goberno e a Administración. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.
TEMA 5.- O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.
TEMA 6.- A Comunidade Autónoma Galega. O Estatuto de autonomía. O Parlamento de Galicia.
TEMA 7.- Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.
TEMA 8.- O réxime local español. Principios constitucionais. As entidades locais: a provincia e outras entidades locais.
TEMA 9.- O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. Servizos municipais.
TEMA 10.- O municipio de Lugo. Organización municipal específica: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, tenentas e tenentes de Alcalde e concelleiras e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. Poboación e termo municipal.
TEMA 11.- Bens, actividades e servizos das entidades locais. A contratación local. O persoal ao servizo das entidades locais.
TEMA 12.- A potestade regulamentaria dos entes locais. Regulamento orgánico. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. Límites da potestade regulamentaria.
TEMA 13.- O procedemento administrativo común. Principios. Estrutura.
TEMA 14.- O procedemento administrativo común: fases.
TEMA 15.- Procedemento administrativo sancionador.
TEMA 16.- A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Especial referencia á Administración local.
TEMA 17.- A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdición contencioso[1]administrativa: o recurso contencioso-administrativo.
TEMA 18.- As facendas locais. Recursos das facendas locais. Especial referencia aos recursos do municipio. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.
Arquivística:
Tema 1.- Concepto e definición de Arquivística. A evolución da Arquivística en España. Principais ciencias e técnicas auxiliares da Arquivística. Obras de referencia, manuais e principais publicacións seriadas nacionais e internacionais sobre Arquivística e Xestión Documental.
Tema 2.- A formación dos e das profesionais de arquivos en España. Os estudos nas universidades españolas. As actuacións formativas das administracións públicas e das asociacións profesionais. Os traballos de Grupos, Mesas e Conferencias profesionais en España. Bibliografía de referencia.
Tema 3.- Concepto de Paleografía. Terminoloxía paleográfica: elementos constitutivos da escritura. Clases de escritura. As abreviaturas e o seu desenvolvemento. A escritura na Idade Media e o Antigo Réxime: a escritura visigótica, a escritura carolina, a escritura gótica e as súas variedades. A escritura procesual e a escritura humanística. Bibliografía de referencia.
Tema 4.- Concepto de Diplomática. A expedición documental. Análise da forma documental: caracteres externos e internos dos documentos. As partes do documento. Cronoloxía. A validación documental: subscricións e selos. A tradición documental: orixinais e copias. Bibliografía de referencia.
Tema 5.- Concepto e definición de arquivo. Funcións, etapas e tipos. O Arquivo Electrónico Único: concepto e características. Bibliografía de referencia.
Tema 6.- Concepto e definición de documento. Definición, caracteres e valores do documento de arquivo. Características específicas dos documentos e expedientes electrónicos.
Tema 7.- O Marco Europeo de Interoperabilidade, os Esquemas Nacionais de Interoperabilidade e Seguridade e as Normas Técnicas de Interoperabilidade: a súa relación cos documentos. Bibliografía de referencia.
Tema 8.- O principio de procedencia e respecto á «orde natural» dos documentos, o ciclo vital dos documentos e o «continuum» ou continuidade dos documentos. Bibliografía de referencia.
Tema 9.- As políticas de xestión de documentos en España: orixes, características e fins. Bibliografía de referencia.
Tema 10.- A identificación de series e procedementos administrativos. A clasificación dos fondos documentais: concepto, definición e sistemas. Cadros de Clasificación. O Cadro de Clasificación Funcional da Mesa de Arquivos Municipais. Bibliografía de referencia.
Tema 11.- Os metadatos: concepto e tipos de metadatos. Os metadatos de carácter obrigatorio. O Esquema de Metadatos para a xestión de documentos electrónicos (e-EMGDE). Bibliografía de referencia.
Tema 12. As agrupacións documentais dos arquivos: conceptos, definicións e exemplos de grupo de fondos, fondo, sección ou división de fondo, serie documental, agrupación documental, expediente, documento simple e colección de documentos. As relacións existentes entre as agrupacións documentais, os axentes, as actividades e as regulacións nos sistemas de xestión documental. Bibliografía de referencia.
Tema 13.- Entradas e saídas de documentos dos arquivos. As transferencias. Outras formas de ingreso ou saída de documentos. Metodoloxía e instrumentos resultantes. O ingreso dos documentos no contexto electrónico. Bibliografía de referencia.
Tema 14.- A valoración, selección e eliminación de documentos: conceptos e definicións. Principios xerais para a valoración e selección de documentos. Uso, reutilización, migración e conservación de datos. A Comisión Cualificadora de Documentos de Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 15.- A planificación descritiva. A descrición arquivística multinivel. Evolución e estado actual das normas internacionais de descrición e intercambio da información arquivística. O modelo conceptual para a descrición arquivística en España. A Comisión de Normas Españolas de Descrición Arquivística (CNEDA). Bibliografía de referencia.
Tema 16.- Linguaxes documentais. Linguaxes controladas. Descriptores e tesauros. A norma española de puntos de acceso e as normas ISO de tesauros. Os tesauros como ferramentas para a recuperación da información arquivística, con especial referencia a EuroVoc. Bibliografía de referencia.
Tema 17.- As tecnoloxías da información e da comunicación ao servizo dos arquivos. As plataformas e portais europeos de difusión de contidos arquivísticos. O Portal de Arquivos Españois (PARES). As solucións horizontais, co obxecto de permitir a xestión de documentos e expedientes electrónicos, no Catálogo de Servizos de Administración Dixital do Estado.
Tema 18.- O servizo á propia institución: comunicación de información, consultas e préstamos. Procedementos tradicionais e a adaptación ao entorno electrónico. Regulamentos de funcionamento de Arquivos Municipais de Galicia.
Tema 19.- Os arquivos ao servizo da cidadanía: A deontoloxía profesional. O postcustodialismo. Dereitos humanos, conflitos políticosociales e perspectiva de xénero nos arquivos.
Tema 20.- A función social, cultural e educativa nos arquivos. Comunicación estratéxica. O Portal de Arquivos de Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 21.- O edificio, os depósitos e outras instalacións do arquivo: características arquitectónicas. Áreas, circuítos de circulación e mobiliario. Medidas ambientais e de seguridade. Os plans de continxencias e desastres. Actuacións de emerxencia en caso de desastre. Bibliografía de referencia.
Tema 22.- Os materiais documentais. Tipos e causas fisicoquímicas, biolóxicas e ambientais de alteración. Medidas de conservación preventiva dos documentos. Bibliografía de referencia.
Tema 23.- Soportes documentais: Pergamiños, Papel tradicional e industrial. As tintas. Soportes fotográficos tradicionais, e a súa conservación e instalación. Bibliografía de referencia. Os riscos e as medidas de conservación dos documentos electrónicos.
Tema 24.- A restauración: métodos, técnicas e procedementos. Etapas dun proceso de restauración de documentos gráficos e outros materiais documentais conservados nos arquivos. A planificación e organización do laboratorio de restauración. A restauración dos soportes fotográficos. Bibliografía de referencia.
Tema 25.- A reprografía, microfilmación e dixitalización de documentos nos arquivos: obxectivos e programas. A planificación arquivística da reprodución de documentos. A dixitalización de imaxes. Os formatos de arquivos dixitais. A dixitalización no ámbito da tramitación administrativa. Bibliografía de referencia.
Tema 26.- A lexislación básica do Estado que afecta os arquivos e ao patrimonio documental. A lexislación sobre arquivos e patrimonio documental en Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 27.- O dereito de acceso das persoas á información pública. O dereito de acceso da cidadanía á información contida nos arquivos públicos. Límites ao dereito de acceso. O regulamento europeo sobre protección de datos. Bibliografía de referencia.
Tema 28.- A transparencia activa: a posta ao dispor da información pública. A normativa reguladora da reutilización da información do sector público. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. O Portal de Transparencia de do Concello de Lugo. Bibliografía de referencia.
Tema 29.- O Sistema Español de Arquivos. O Consello de Cooperación Arquivística. O Censo-Guía de Arquivos dos bens integrantes do Patrimonio Documental. Os arquivos de titularidade e xestión da Administración Xeral do Estado. Bibliografía de referencia.
Tema 30.- Os arquivos de titularidade estatal xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 31.- Os arquivos do Poder Xudicial. Bibliografía de referencia.
Tema 32.- O Sistema de Arquivos de Galicia. Os órganos coordinadores e de participación do Sistema. Os Subsistemas de Arquivos de Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 33.- Os arquivos de titularidade autonómica de Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 34.- Os arquivos parlamentarios españois. Biblioteca de referencia.
Tema 35.- Os arquivos das Entidades Locais, con especial referencia aos de Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 36.- Os arquivos universitarios españois, con especial referencia a Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 37.- Os arquivos de titularidade privada. Os arquivos eclesiásticos en Galicia. Bibliografía de referencia.
Tema 38.- A cooperación arquivística. A Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros e outras organizacións profesionais nacionais, con especial referencia a BAMAD - Galicia. Organismos de cooperación arquivística de ámbito internacional. Bibliografía de referencia.
Tema 39.- As políticas públicas no ámbito dos arquivos. Actuacións do Estado e da Administración de Xustiza . As políticas de arquivos da Xunta de Galicia desde a creación da Autonomía. As políticas das Deputacións Provinciais de Galicia nos arquivos das Entidades Locais. Bibliografía de referencia.
Tema 40.- Os portais de arquivos europeos: os arquivos non proxecto Europeana Collections e o Arquivo Portal Europe. Contidos básicos.
Tema 41.- O sistema arquivístico da Defensa: Organización, funcionamento, normativa específica e tipos de arquivo. Os arquivos históricos militares. Bibliografía de referencia.
Historia das institucións
Tema 42.- A historia das institucións político-administrativas españolas. Concepto e definición. Orixe, evolución e etapas das institucións político-administrativas desde a Idade Media ata a actualidade. Correntes historiográficas e bibliografía xeral.
Tema 43.- As Chancelerías castelán-leonesa, catalano-aragonesa e navarra. Organización tipoloxía diplomática e sistemas de escritura.
Tema 44.- Monarquía e Estado na Idade Media.
Tema 45. A creación do Estado moderno. A Administración e o réxime polisinodial: consellos, xuntas, secretarías.
Tema 46.- A Administración de Xustiza dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista
Tema 47.- A Facenda pública e o sistema fiscal dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 48.- A Administración Territorial dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 49.- O municipio e o réxime municipal dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 50.- A Xunta do Reino de Galicia. Fontes documentais e bibliografía para o seu estudo.
Tema 51.- A organización da Igrexa católica en España dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista. As ordes relixiosas A Inquisición española.
Tema 52.- O Exército e a Mariña dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 53 -.Orixes e organización da educación e o ensino dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista. A organización dos estudos e os graos das primeiras universidades españolas, con especial referencia á Universidade de Santiago de Compostela.
Tema 54.- O réxime señorial e a institución do morgado.
Tema 55.- O Constitucionalismo español e as Cortes Españolas até o fin do Réxime Franquista.
Tema 56. Os procesos desamortizadores dos séculos XVIII e XIX.
Tema 57.- A institución notarial e os Rexistros da Propiedade e Mercantís en España.
Tema 58.- Os partidos políticos e organizacións sindicais dende o século XIX até o fin do Réxime Franquista.
Fontes
Tema 59.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo das Cortes dos reinos hispánicos e das Cortes Españolas.
Tema 60.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo das Chancelerías das Coroas de Aragón, Castela e Navarra.
Tema 61.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo da Facenda e os sistemas fiscais en España dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 62.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo d a Administración de Xustiza en España dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 63.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo do Municipio e o Réxime Local.
Tema 64.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo dos Señoríos e o Réxime Señorial en España.
Tema 65.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo dos exércitos españois dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 66.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo da Igrexa católica en España.
Tema 67.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo da estrutura de goberno e a administración dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 68.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo da organización territorial de España dende a Idade Media até o fin do Réxime Franquista.
Tema 69.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo do Notariado e dos Rexistros da Propiedade e Mercantís en España.
Tema 70.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía para o estudo das relacións internacionais e a política exterior de España na Idade Contemporánea.
Tema 71.- Arquivos e fontes documentais para o estudo das organizacións políticas, sindicais e empresariais. Bibliografía.
Tema 72.- Arquivos, fontes documentais e bibliografía de referencia para o estudo da historia das dúas administracións españolas durante a Guerra Civil, das xurisdicións especiais e das novas institucións políticas e organismos do Estado Franquista.