agregar al carrito
BUSCA OPOSICIONES DESDE AQUÍ
No hay productos en el carrito de la compra

Oposiciones de Inspectores Urbanísticos Ayuntamiento Pontevedra 2019

Especialidad: Arquitectos Técnicos - Ingenieros de la Edificación
Área geográfica: Galicia
Fecha Convocatoria: 09/09/2019
Plazas: 1
Grupo: A2

Descripción de la oposición
Oposiciones de Inspectores Urbanísticos Ayuntamiento Pontevedra 2019

09/09/2019: Se ha publicado el anuncio de la convocatoria en el BOE para cubrir 1 plaza por oposición mediante el turno de acceso libre de Inspector de Urbanismo para el Ayuntamiento de Pontevedra (Galicia).

Las bases y el temario se han publicado íntegramente en el Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra del 27 de mayo de 2019.


TEMARIO GENERAL INSPECTOR DE URBANISMOS
AYUNTAMIENTO DE PONTEVEDRA

(último temario publicado por el Ayuntamiento de Pontevedra, 2019) 


5ª Programa

1. A Constitución Española de 1978: significado e estrutura. Principios xerais. Reforma da Constitución. Dereito e deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión.

2. A organización do Estado español na Constitución. A Coroa. As Cortes Xerais. O Poder Xudicial. O Poder Executivo.

3. O Estado das autonomías. Modo de organización estatal na Constitución española. Caracteres do dereito á autonomía. Competencias das comunidades autónomas. Contido e valor normativo dos estatutos de autonomía. O Estatuto de autonomía de Galicia. A cooficialidade lingüística.

4. O dereito administrativo e o seu concepto. As fontes do ordenamento xurídico. A Constitución. A lei. Disposicións normativas con rango de lei. Os regulamentos. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia.

5. O acto administrativo: concepto, elementos e clases. Invalidez dos actos administrativos: nulidade e anulabilidade. Os recursos administrativos. Revisión de oficio dos actos administrativos.

6. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común. O deber de resolver e notificar. Os expedientes e o seu arquivo.

7. A Administración local: concepto e evolución. A Administración local na Constitución española. Regulación xurídica actual do réxime local. Entidades que comprende. O municipio e as súas competencias. Servizos mínimos obrigatorios.

8. O Goberno municipal. O Pleno da Corporación. O Alcalde. A Xunta de Goberno Local. As Comisións Informativas. Outros órganos complementarios. Municipios de gran poboación: municipios de aplicación, organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios e xestión económica-financeira. Os grupos políticos municipais. Réxime e funcionamento dos órganos colexiados locais.

9. O rexistro de documentos. Comunicacións e notificacións. A práctica das notificacións. O cidadán como cliente da Administración. O estatuto dos veciños. A atención ao público. A oficina de información e atención ao cidadán.

10. Dereito e deberes dos funcionarios locais. Retribucións e protección social dos funcionarios locais. Réxime disciplinario dos funcionarios locais. Situacións administrativas dos funcionarios.

11. Os regulamentos e ordenanzas locais. Clases. Procedemento de elaboración, aprobación e vixencia.

12. Os bens das entidades locais: clases e réxime xurídico. As Facendas locais. Clases de tributos locais. O orzamento xeral dos entes locais: estrutura, elaboración e aprobación.

 


TEMARIO ESPECÍFICO INSPECTOR DE URBANISMOS
AYUNTAMIENTO DE PONTEVEDRA

(último temario publicado por el Ayuntamiento de Pontevedra, 2019)


13. As previsións constitucionais e estatutarias en materia de urbanismo e do medio ambiente. Distribución de competencias. A sentenza 61/1997 do Tribunal Constitucional. Aspectos xerais, evolución e regulación actual do urbanismo e do medio ambiente no ordenamento xurídico estatal e galego.

14. A Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia. Instrumentos de ordenación territorial. O Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. As Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Ordenación do Litoral. Instrumentos de ordenación territorial con incidencia no termo municipal de Pontevedra.

15. As relacións entre o urbanismo e a ordenación do territorio. O novo Proxecto de lei de ordenación do territorio. A Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese: obxectivos.

16. Lexislación estatal do solo: Disposicións xerais. Bases do réxime do solo. As situacións básicas do solo e as clasificacións urbanísticas. As valoracións urbanísticas segundo o Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o Texto refundido da lei do solo e rehabilitación urbana e o Real decreto 1492/2011, polo que se aproba o Regulamento de valoracións da lei do solo. Valoración das construcións e valoración do solo no solo rural e no urbanizado. Valoración inmobiliaria. Sistemas e métodos de valoración.

17. Expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial na lexislación básica estatal.

18. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia: obxectivos e principios xerais. Clases e categorías de solo. Aspectos da función urbanística. O Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da lei 2/2016.

19. Réxime xurídico do solo urbano e do solo urbanizable. Categorías. Réxime transitorio de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

20. Réxime xurídico do solo de núcleo rural. Réxime transitorio de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

21. Réxime xurídico do solo rústico. As autorizacións autonómicas en solo rústico. Réxime transitorio de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

22. O planeamento urbanístico na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento, sostibilidade e calidade.

23. O Plan xeral de ordenación municipal: Obxecto, formulación e contido, determinacións e documentación.

24. O Plan Básico Autonómico e a súa incidencia no Concello de Pontevedra. Os plans básicos municipais. Instrumentos urbanísticos de desenvolvemento do plans xerais de ordenación municipal. Plans parciais: documentación e determinacións.

25. Plans especiais, clases e réxime xurídico. Estudos de detalle. As delimitacións de solo de núcleo rural. Os Catálogos. Ordenación urbanística que afecte a varios municipios.

26. Elaboración e aprobación dos plans xerais de ordenación municipais: formulación, actos preparatorios, suspensión de licenzas, contido do borrador, competencia para a aprobación definitiva e, documentos refundidos do planeamento.

27. A tramitación do planeamento de desenvolvemento dos plans xerais. Os plans de iniciativa particular. As avaliacións ambientais estratéxicas.

28. Publicidade, vixencia e efectos da aprobación dos plans. Revisión, modificación e suspensión. As normas de aplicación directa. Usos e obras provisionais. O réxime de fóra de ordenación e das edificacións preexistentes non plenamente compatibles co planeamento. Normas de aplicación directa na Lei 2/2016, do solo de Galicia e no Decreto 143/2016. Adaptación ao ambiente, protección da paisaxe e das vías de circulación. Informacións urbanísticas.

29. A execución dos plans de ordenación. Sistemas de actuación. Competencias. Presupostos da execución. Os proxectos de urbanización. Os proxectos de obras ordinarias. A conservación das obras de urbanización. As actuacións illadas, normalización de predios e obtención de sistemas xerais e dotacións públicas. A ocupación directa.

30. A xestión urbanística: os instrumentos e as técnicas de xusta distribución de beneficios e cargas do planeamento. O proxecto de equidistribución: contido, procedemento de aprobación e efectos. As áreas de repartición e o aproveitamento tipo. Os polígonos de execución. Regras xerais para a equidistribución.

31. Os sistemas de actuación: clases. Elección de sistema. Cumprimento das previsións de xestión e urbanización establecidas. Cargas da urbanización. Réxime de contratación das obras de urbanización. Os sistemas de actuación indirectos. O sistema de concerto. O sistema de compensación.

32. Os sistemas de actuación directos. O sistema de cooperación. O sistema de expropiación. As expropiacións urbanísticas. Instrumentos de intervención no mercado do solo: especial referencia aos patrimonios públicos do solo.

33. Os deberes de edificar e rehabilitar. O deber de conservación. As ordes de execución. A declaración de ruína. O rexistro de soares. Venda forzosa e obrigas do adquirente. Edificación forzosa.

34. A inspección periódica de construcións e o informe da avaliación dos edificios (IAEd). Regulación no Concello de Pontevedra. Esixencias básicas de aforro enerxético e a eficiencia enerxética. O Real decreto 235/2013, do 5 de abril.

35. A intervención na edificación e uso do solo: Licenzas urbanísticas e comunicacións previas. Actos suxeitos e exentos. Procedemento. Caducidade. Os efectos do silencio. A simplificación administrativa e o carácter regrado dos títulos habilitantes urbanísticos.

36. Novo réxime xurídico dos instrumentos de intervención administrativa aplicables á instalación e apertura de establecementos e ao exercicio de actividades económicas en Galicia. O réxime de control dos espectáculos públicos e actividades recreativas. A Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade de Galicia e o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, aprobado polo Decreto 144/2016. A Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Licenzas de actividades, comunicacións previas e declaracións responsables. Cambios de titularidade.

37. Procedemento de outorgamento de licenzas e procedemento de verificación, inspección e control, na tramitación das comunicacións previas e declaracións responsables. Prelación de licenzas e outros títulos administrativos. Actos promovidos polas administracións públicas.

38. Predios e parcelas. O réxime dos parcelamentos urbanísticos e a indivisibilidade de parcelas. Declaracións de innecesariedade. Divisións e segregacións de predios en solo rústico.

39. A protección da legalidade urbanística: obras e usos sen licenza ou comunicación previa en curso de execución, obras rematadas sen título habilitante ou sen axustarse ao título. Outros actos sen licenza ou sen comunicación previa. Particularidades da protección da legalidade en solo rústico e en zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos. Suspensión e revisión de licenzas. As declaracións de ineficacia.

40. Infraccións urbanísticas e as súas sancións. Definición e tipificación. Prescrición. Persoas responsables e órganos competentes para imposición de sancións. O procedemento sancionador. Réxime sancionador en materia de actividades en Galicia. Infraccións en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e competencias municipais nesa materia sancionadora.

41. A inspección urbanística: contido e funcións. Os plans de inspección. Condición de axente de autoridade e acceso a lugares obxecto de inspección. Procedemento nas actuacións da inspección urbanística. As actas de inspección urbanística.

42. Medición e valoración: criterios de medición das unidades de obra; prezos unitarios, auxiliares e descompostos. Valoración de obras en execución e rematadas. Orzamento de execución material e de contrata.

43. A Axencia Galega de Protección da Legalidade Urbanística. As accións e omisións constitutivas de delitos relativos á ordenación do territorio e o urbanismo, á protección do patrimonio histórico e ao medio ambiente.

44. A Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías. A regulación da seguridade e saúde nas obras de construción: normativa aplicable. O proxecto de edificación. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final de obra.

45. As normas tecnolóxicas de edificación (NTE): clasificacións, especificacións e obrigatoriedade. O código técnico da edificación (CTE). Disposicións xerais. Contido. Condicións técnicas e administrativas. Condicións do proxecto na execución da obra e do edificio. O DB-SE: Seguridade estrutural. O DB-SI: Seguridade en caso de incendio. O DB-SUA: Seguridade de utilización e accesibilidade. O DB-HS: Salubridade: O DB-HE: Aforro de enerxía.

46. A normativa estatal e galega sobre protección contra a contaminación acústica. O Código técnico da edificación: DB-HR protección contra o ruído. A Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica. O Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia. Instrumentos de control e verificación do ruído e da contaminación acústica.

47. Real decreto 1627/1997 sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Estudo de seguridade e saúde e Estudo básico. Plan de seguridade e saúde.

48. Lexislación estatal e galega en materia de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

49. As normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

50. A protección do medio ambiente. Marco xurídico comunitario, estatal e galego en materia ambiental. Aspectos xerais. Impacto e avaliación. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

51. A Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo, do 24 de novembro de 2010, sobre emisións industriais. A autorización ambiental integrada. Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación e o Real decreto 815/2013, de 18 de outubro. Contaminación atmosférica. Principais actividades potencialmente contaminantes do medio ambiente atmosférico. Normativa e competencias municipais para a protección do medio ambiente atmosférico.

52. Avaliación da incidencia ambiental de actividades na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

53. A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. O Decreto 156/1995, do 3 de xuño, de inspección ambiental. Plan e Programa de inspección ambiental de Galicia. Actas de inspección, toma de mostras e a súa conservación, elaboración de informes e actuacións administrativas.

54. Espazos naturais protexidos. Regulación estatal e autonómica. Categorías dos espazos naturais protexidos. Usos permitidos e prohibidos nas zonas de especial conservación. O Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Os Espazos Naturais de Interese Local en Pontevedra.

55. A Lei 43/2003, de montes e as súas modificacións. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Os montes veciñais en man común. O Decreto 52/2014, do 16 de abril e as súas modificacións. Os incendios forestais. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención de incendios forestais e as súas modificacións. O Decreto 105/2006, do 22 de xuño.

56. As novas directivas europeas sobre residuos e reciclaxe dos residuos municipais. A Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia. Xestión de residuos. Residuos urbanos. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020. Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Residuos da construción e demolición. Regulamentación da vertedura de augas residuais.

57. O Patrimonio cultural. Criterios de intervención nos conxuntos históricos artísticos e nos edificios históricos. Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e a normativa e instrucións de desenvolvemento. O Camiño de Santiago. O Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do Conxunto Histórico Artístico de Pontevedra (PEPRICA). O Catálogo de edificios a conservar, na cidade e no rural.

58. A lexislación sectorial con incidencia en materia de urbanismo: Costas. Os bens de dominio público marítimo-terrestre e a súa protección. As servidumes. A utilización do dominio público marítimo-terrestre. Concesións e autorizacións. Infraccións e sancións en materia de costas.

59. A lexislación sectorial con incidencia en materia de urbanismo: portos, aeroportos, augas, estradas e ferrocarril.

60. O Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra (PXOU): Estrutura xeral. Documentos e a súa prevalencia. Determinacións xerais. Clasificación do solo. Normas e ordenanzas. Principais modificacións e incidencia no PXOU da lexislación urbanística vixente. Planeamento de desenvolvemento: O Plan especial de reforma interior de Estribela. A regulación urbanística dos polígonos industriais do Vao e do Campiño.

Aviso Legal y Condiciones de compra | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © 1996-2019 La Escuela de Oposiciones Técnicas

Contacta con nosotros

 918289688 | 637200311


¿Prefieres que te llamemos?

Su Email se envio con exito.

Hubo un erro al enviar el email.