27/05/2021. El BOE publica el anuncio de la convocatoria de 1 plaza de Técnico/a de Trabajo Social mediante el sistema de concurso-oposición, en turno libre. Las bases de la convocatoria se pueden consultar en el BOP de Lugo del 22 de abil de 2021.
El temario de la oposición es el siguiente:
TEMAS XERAIS
1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.
2. O Estatuto de Autonomía de Galicia. As institucións da Comunidade Autónoma. O Parlamento. O Consello da Xunta. O presidente.
3. A Lei: concepto e clases. Disposicións normativas con forza de lei. O Regulamento: concepto. Clasificación dos regulamentos.
4. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade.
5. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Finalización do procedemento: a obriga de resolver. O silencio administrativo.
6. Os recursos administrativos. Conceptos e clases, requisitos xerais. Os recursos ordinarios.
7. O municipio. Elementos. Territorio e poboación. A organización municipal. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Competencias municipais.
8. O RDLex. 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto básico do empregado público. Clases de funcionarios. Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Dereitos e deberes do funcionariado local. Código de conduta dos empregados públicos. Réxime de incompatibilidades.
9. O Orzamento xeral das Entidades Locais. Elaboración e aprobación. Especial referencia ás Bases de execución do orzamento.
10. Calidade dos datos. Dereito de información na recollida de datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, dereito de rectificación e cancelación da Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
11. As subvencións: normativa básica estatal. A Lei 9/2007 e o seu regulamento de desenvolvemento. A ordenanza xeral de outorgamento de subvencións polo Concello de Xermade.
12. Os tributos municipais: especial referencia ás taxas e prezos públicos. As ordenanzas fiscais. A ordenanza fiscal reguladora da taxa polo SAF do Concello de Xermade (BOP n.º 299 do 31/12/2019).
TEMAS ESPECÍFICOS
1. A acción social. Concepto e etapas históricas. Políticas actuais do Estado de Benestar.
2. As necesidades sociais. Concepto, tipoloxía e características.
3. Fundamentos, principios e funcións do traballo social.
4. Teorías contemporáneas do traballo social. Modelos da práctica profesional. Correntes profesionais.
5. O método e a metodoloxía en traballo social. Evolución histórica da metodoloxía en traballo social. Formulacións e revisión dos métodos clásicos. Formulacións actuais: a estrutura básica de procedemento. Fases do proceso metodolóxico.
6. A planificación social no traballo social: plan, programa e proxecto.
7. Técnicas en traballo social: de coñecemento, de diagnóstico, de intervención e de avaliación. Instrumentos específicos en traballo social.
8. Ferramentas informáticas propias do/a traballador/a social
9. A entrevista en traballo social. Tipoloxías e técnicas aplicables. A visita domiciliaria en traballo social: encadramento e estrutura.
10. A investigación social. Técnicas e aplicacións no traballo social. O informe da investigación.
11.- Deontoloxía e ética profesional. Os códigos de ética no traballo social.
12. O/a traballador/a social como compoñente dun equipo de traballo interdisciplinar: principios básicos, fundamento e funcións. Conceptos básicos:interprofesionalidade,multidisciplinariedade, interdisciplinariedade e transdisciplinariedade.
13. O traballo social individual. Evolución histórica da intervención individual. Natureza, filosofía, valores e principios. Modelos na intervención individual. Diagnóstico. Deseño da intervención. Técnicas fundamentais.
14. O traballo social familiar. A familia concepto e tipos. Os novos tipos de familia. Familia e crise. A familia multiproblema. O enfoque sistémico na intervención con familias: conceptos claves. A estrutura familiar. Os ciclos vitais. Características da entrevista sistémica. O proceso de axuda.
15. O traballo social en rede. Orixe e concepto de rede. Tipoloxía da rede. Características das redes. Funcións da rede social. Obxectivos do traballo en rede. Fases da intervención. O traballo interdisciplinar na intervención social complexa.
16. O traballo social de grupo. Concepto e evolución da intervención grupal en traballo social. Tipos de grupos. Elementos estruturais do grupo. Etapas da vida do grupo. Liderado-comunicación-conflito e negociación no grupo. As dinámicas de traballo no grupo. Obxectivos e papel da traballadora social dinamizadora do grupo.
17. Traballo social comunitario. Concepto. Modelos de intervención en traballo social comunitario. Fases metodolóxicas: análise da comunidade, diagnóstico participativo, elaboración do proxecto de intervención, negociación e implantación, avaliación continua e final.
18. Marco legal dos servizos sociais: Constitución española, Estatuto de autonomía, normativa reguladora de réxime local.
19. A Lei de servizos sociais de Galicia: estrutura e contido.
20. O sistema galego de servizos sociais. Obxetivos. Principios.
21. Estructura do Sistema dos Servizos Sociais: os servizos sociais comunitarios básicos. Os servizos sociais especializados.
22. A prestacion dos Servizos Sociais. Formas de prestación.
23. Mecanismos de control e garantía pública do Sistema Galego de Servizos Sociais.
24. Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos socias en Galicia
25. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
26. O Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais. Concepto, programas básicos e compromisos. Administracións implicadas: cooperación e coordinación.
27. Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia: obxecto e estrutura.
28. A renda de inclusión social de Galicia.
29. As axudas de inclusión social de Galicia.
30. Voluntariado e acción social non gubernamental. Lei 10/2011, do 80 de novembro, acción voluntaria.
31. Pensións non contributivas da seguridade social. Normativa vixente. Obxectivos, tipo e requisitos.
32. As persoas maiores: aspectos sociais do envellecemento. Necesidades sociais. Recursos e servizos.
33. As persoas con diversidade funcional. Necesidades e recursos.
34. Recoñecemento do grao de discapacidade. Equipos de Valoración.
35. A capacidade das persoas dende o punto de vista xurídico. A actuación profesional no caso de detectar indicios dunha situación susceptible de modificación da capacidade de obrar. Entidades tutelares.
36. A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
37. Obxecto, definición e principios fundamentais da lei de promoción de autonomía persoal e atención á dependencia.
38. Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia. Finalidades do sistema. Niveis de protección.
39. Prestacións e catálogo de servizos de atención do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.
40. Graos de dependencia e valoración. Recoñecemento do dereito. Procedementos para o recoñecementos da situación de dependencia e do dereitos ás prestacións do sistema da autonomía a atención a dependencia, o procedemento para a elaboración do PIA e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes en Galicia.
41. O Servizo de axuda no fogar. Marco autonómico. Definición. Obxetivos. Persoas usuarias e profesionais que interveñen. Prestacións e Tarefas. Organización.Competencia dos Concellos.
42. A Ordenanza reguladora do SAF do Concello de Xermade.
43. Ordenanza de Teleasistencia Social no Fogar da Exma. Deputación de Lugo
44. Movimientos migratorios. Concepto e causas das migracións. Tipos e efectos. Integración Social: factor esencial da cohesión social. Marco normativo.
45. Apoio á familia e a convivencia en Galicia. Normativa reguladora. Competencias do municipio. As familias de especial consideración. Competencia dos municipios en materia de proteccións dos menores.
46. Políticas de Igualdade. Normativa estatal e autonómica para a igual efectiva de mulleres e homes. Marco normativo na protección integral contra a violencia de xénero e para igualdade de mulleres e homes. Equipamentos, programas e recursos.
47. Adiccións. Aspectos sociais da persoa adicta. Prevención, tratamiento e rehabilitación social. Servizos e recursos.
48. O maltrato ás persoas maiores ou con discapacidade: conceptos chave. Actuacións a levar a cabo.”