agregar al carrito
BUSCA OPOSICIONES DESDE AQUÍ
No hay productos en el carrito de la compra

Oposiciones de Administradores Generales Dip. Pontevedra 2020

Especialidad: Administración General y Cuerpo Administrativo
Área geográfica: Galicia
Fecha Convocatoria: 09/12/2019
Plazas: 3
Grupo: A1

Descripción de la oposición
Oposiciones de Administradores Generales Dip. Pontevedra 2020

El BOE publica el anuncio de la convocatoria de 3 plazas libres de Técnico de Administración General para la Diputación de Pontevedra. De estas plazas, 1 plaza pertenece al plan de estabilización de empleo temporal. Las bases específicas y el temario se encuentran disponibles en el BOP de Pontevedra de 31 de octubre de 2019, mientras que para las plazas de estabilización se encuentran disponibles en el BOP de Pontevedra de 31 de octubre de 2019.

TEMARIO ADMINISTRADOR GENERAL (para las plazas libres vacantes)
DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (último temario publicado, 2019)

Primeira parte:

1. A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. Os valores superiores. Os dereitos e deberes fundamentais. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais.

2. A Coroa na Constitución de 1978. A sucesión. A rexencia. Atribucións. O referendo.

3. As Cortes xerais. Composición e funcións. Órganos de control dependentes das Cortes xerais: o Defensor do Pobo e o Tribunal de Contas.

4. O Goberno na Constitución. O control parlamentario do Goberno. Órganos constitucionais de control do Goberno: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A función consultiva: o Consello de Estado.

5. O Poder Xudicial. A xustiza na Constitución. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal. O Tribunal Constitucional. Natureza, organización e atribucións.

6. A Administración pública: principios constitucionais. A Administración xeral do Estado. Organización e funcionamento.

7. A organización territorial da Administración xeral do Estado. Delegadas e delegados e subdelegadas e subdelegados do Goberno. Organización dos servizos periféricos.

8. A Administración institucional. Os organismos públicos. Organismos autónomos e entidades públicas empresariais. Entes públicos de réxime específico. As axencias estatais. Outro tipo de entidades públicas para a xestión dos servizos públicos.

9. As comunidades autónomas. Organización política e administrativa. A distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Relacións de colaboración e cooperación entre as administracións públicas.

10. A Administración local. Regulación constitucional e entidades que a integran. Evolución da normativa básica de réxime local. O marco competencial das entidades locais.

11. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.

12. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. O Consello de Contas de Galicia.

13. A Xunta de Galicia e o seu presidente. A Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

14. A Administración pública e o dereito. As fontes do ordenamento xurídico (I). A Constitución no sistema de fontes do dereito. A lei. Concepto e caracteres. As leis estatais e autonómicas. Tipos de disposicións legais.

15. As fontes do ordenamento xurídico (II). O regulamento: concepto e clases. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración. Límites. O control da potestade regulamentaria.

16. O acto administrativo: concepto, elementos e clases. Requisitos: motivación e forma. A eficacia dos actos administrativos. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A demora e retroactividade da eficacia.

17. A executividade dos actos administrativos: o principio de autotutela executiva. A execución forzosa dos actos administrativos: os seus medios e principios de utilización. A coacción administrativa directa. A vía de feito.

18. A invalidez do acto administrativo: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Revisión de oficio. Revogación. Rectificación de erros materiais ou de feito.

19. A administrada/O administrado versus a cidadá/o cidadán: concepto e clases. A capacidade da cidadanía e as súas causas modificativas. O estatuto da cidadá/do cidadán: dereitos subxectivos e intereses lexítimos, diferenzas entre ambos os conceptos e obrigas.

20. Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo. Os medios electrónicos aplicados ao procedemento administrativo común.

21. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos.

22. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordenación. Instrución: intervención das persoas interesadas, proba e informes.

23. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional.

24. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. O desistencia e a renuncia. A caducidade. Tramitación do procedemento por medios electrónicos.

25. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe.

26. A xurisdición contencioso-administrativa. Extensión. Órganos. As partes no proceso. Os actos impugnables. Liñas xerais do proceso. A sentenza e a súa execución.

27. Os contratos do sector público. As directivas europeas en materia de contratación pública. Obxecto e ámbito de aplicación do Texto refundido da Lei de contratos do sector público. Tipos de contratos. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Réxime xurídico dos contratos administrativos e dos contratos privados; os actos separables. Os principios xerais da contratación do sector público.

28. As partes dos contratos do sector público. Os órganos de contratación. A/O contratista. A capacidade e solvencia das/dos contratistas. Prohibicións para contratar. Clasificación.

29. A selección da/ contratista. Os medios de apreciación da solvencia, os criterios de adxudicación e as condicións de execución. A sucesión da/do contratista. Encomendas de xestión a medios propios.

30. Actuacións preparatorias dos contratos das administracións públicas. O prezo, o valor estimado. Fiscalización e contratación pública. Revisión de prezos. Garantías na contratación do sector público.

Segunda parte:

1. A tramitación do expediente de contratación. Clases de expedientes de contratación. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos. Os pregos: contido e función. Criterios de adxudicación. As mesas de contratación. O rexistro de contratistas.

2. Adxudicación, perfeccionamento e formalización dos contratos administrativos. O réxime de publicidade da licitación e da adxudicación. O réxime de invalidez dos contratos. Os recursos na contratación pública en España. O recurso especial en materia de contratación.

3. Execución, cumprimento e liquidación dos contratos. Prerrogativas da Administración. A modificación dos contratos administrativos. A cesión dos contratos e a subcontratación. Trámites nos supostos de suspensión e de resolución. Extinción.

4. O contrato de obras. Actuacións administrativas preparatorias. Formas de adxudicación. Execución, modificación e extinción. A cesión do contrato e subcontrato de obras. Execución de obras pola propia Administración.

5. Os contratos de concesión de obras e concesión de servizos.

6. O contrato de subministracións. O contrato de servizos. Os contratos con cláusulas sociais e asistenciais.

7. A contratación pública hoxe. Cara a unha contratación pública en formato electrónico. Sistemas. Factores que interveñen. Plataformas e aplicacións para a contratación electrónica. A plataforma para a contratación do Estado.

8. Contratación pública e transparencia. Racionalización nos sistemas de contratación. Especial referencia aos acordos marco e centrais de contratación.

9. A actividade administrativa de prestación de servizos. A iniciativa económica pública e os servizos públicos. O servizo público: concepto, evolución e crise. As formas de xestión dos servizos públicos.

10. As subvencións públicas: concepto e delimitación de subvención. Normativa xeral de aplicación ao réxime de solicitude, concesión, tramitación, xustificación e control de subvencións públicas. Planificación estratéxica de subvencións. Órganos concedentes. Persoas beneficiarias. Procedementos de concesión. Entidades colaboradoras.

11. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.

12. A expropiación forzosa: suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais.

13. O patrimonio das administracións públicas. As propiedades públicas: tipoloxía. O dominio público: concepto, natureza, elementos e réxime xurídico. Afectación e mutacións demaniais. Réxime das autorizacións e concesións demaniais.

14. O patrimonio privado das administracións públicas. Réxime xurídico. Potestades da Administración e réxime de adquisición, uso e alleamento. A cesión de bens e dereitos patrimoniais.

15. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción de responsabilidade. Principios do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas.

16. A Unión Europea: orixe e evolución. Institucións comunitarias: organización e competencias.

17. O ordenamento comunitario. Dereito comunitario e dereito dos estados membros. Dereito comunitario e comunidades autónomas.

18. A Administración electrónica. Normativa de aplicación. Instrumentos para o acceso electrónico ás administracións públicas: sedes electrónicas, canles e puntos de acceso, identificación e autenticación. A xestión electrónica dos procedementos administrativos: rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. Esquema Nacional de Seguridade. Esquema Nacional de Interoperatividade.

19. Instrumentos para a cooperación entre administracións públicas en materia de Administración electrónica. Órganos. Infraestruturas e servizos comúns. Plataformas de validación e interconexión de redes.

20. Lexislación sobre sociedade da información e sinatura electrónica. O DNI electrónico.

21. A centralidade da cidadanía. Participación cidadá. A transparencia e o acceso á información nas comunidades autónomas e entidades locais. O Goberno aberto.

22. A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. A transparencia da actividade pública. Dereito de acceso á información pública: réxime, solicitude, tramitación e resolución, recursos. Bo goberno: ámbito de aplicación, principios, infraccións e sancións, órgano competente e procedemento, prescrición. O Consello de Transparencia e Bo Goberno: funcións.

23. A protección de datos persoais e a súa normativa reguladora. As axencias de protección de datos: competencias e funcións.

24. O Réxime local español: significado e evolución histórica. A Administración local na Constitución e nos estatutos de autonomía. O principio de autonomía local: significado, contido e límites.

25. As fontes do dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das comunidades autónomas en materia de réxime local. A incidencia da lexislación sectorial sobre o réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos.

26. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal: o problema da planta municipal. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O padrón de habitantes. O estatuto das/dos veciños. Dereitos das/dos estranxeiros.

27. A organización municipal. Órganos necesarios: a alcaldesa/o alcalde, as e os tenentes de alcalde, Pleno e Xunta de Goberno local. Órganos complementarios: comisións informativas e outros órganos. Os grupos políticos e as e os concelleiros non adscritos. A participación veciñal na xestión municipal. O concello aberto. Outros réximes especiais. Especialidades do réxime orgánico-funcional nos municipios de gran poboación.

28. As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. A sustentabilidade financeira da Facenda local como presuposto do exercicio das competencias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais. Os servizos mínimos.

29. A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal. As relacións entre as comunidades autónomas e as deputacións provinciais. Réximes especiais. A coordinación na prestación de determinados servizos polas deputacións provinciais.

30. Entidades locais de ámbito inferior ao municipio. As comarcas. As mancomunidades de municipios. As áreas metropolitanas. Sociedades interadministrativas. Os consorcios: réxime xurídico.

Terceira parte:

31. Réxime de sesións e acordos dos órganos de Goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O rexistro de documentos. A utilización de medios telemáticos.

32. Singularidades do procedemento administrativo das entidades locais. A revisión e revogación dos actos dos entes locais. Tramitación de expedientes. Os interesados. Abstencións e recusacións. Recursos administrativos e xurisdicionais contra os actos locais.

33. As relacións interadministrativas. Principios: colaboración, cooperación e coordinación. A cooperación económica do Estado e das comunidades autónomas aos investimentos das entidades locais. Os plans provinciais de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e da rede viaria local.

34. Relacións entre as administracións públicas galegas: colaboración, cooperación e auxilio. A Comisión Galega de Cooperación Local. A coordinación. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.

35. O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. A función pública local: clases de persoal funcionario local. Os instrumentos de organización do persoal: cadros de persoal e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego, os plans de emprego e outros sistemas de racionalización.

36. O acceso aos empregos locais: principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos. A extinción da condición de empregado público. O réxime de provisión de postos de traballo: sistemas de provisión. As situacións administrativas do persoal funcionario local.

37. A relación estatutaria. Os dereitos do persoal funcionario local. Dereitos individuais. Especial referencia á carreira administrativa e ás retribucións. O réxime de Seguridade Social. Dereitos colectivos. Sindicación e representación. O dereito de folga. A negociación colectiva.

38. Os deberes das e dos funcionarios locais. O réxime disciplinario. O réxime de responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades.

39. As formas de acción administrativa das entidades locais. A actividade de policía: a intervención administrativa local na actividade privada. As autorizacións administrativas: as súas clases. O réxime das licenzas. A comunicación previa e a declaración responsable.

40. Actividade subvencional das entidades locais: tipos de subvencións. Procedementos de concesión e xestión de subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións.

41. A iniciativa económica das entidades locais e a reserva de servizos a favor das entidades locais. O servizo público nas entidades locais. Concepto. As formas de xestión dos servizos públicos locais. As formas de xestión directa.

42. Os contratos das administracións locais. Especialidades en relación co réxime xeral da contratación das administracións públicas. As atribucións dos órganos das entidades locais en materia de contratación.

43. Os bens das entidades locais: clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Bens comunais. Os montes veciñais en man común.

44. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. O inventario. Administración, gozo e aproveitamento dos bens. O alleamento. A acción de desafiuzamento. Aspectos rexistrais.

45. Impugnación de actos e acordos locais e exercicio de accións. A substitución e disolución das corporacións locais.

46. As facendas locais en España: principios constitucionais. O réxime xurídico das facendas locais. Incidencia estatal e autonómica na autonomía financeira local. A coordinación das facendas estatal, autonómica e local.

47. O orzamento xeral das entidades locais. Estrutura orzamentaria. Elaboración e aprobación: especial referencia ás Bases de execución do Orzamento.

48. A prórroga do Orzamento. A execución e liquidación do Orzamento.

49. Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira na Constitución e normativa de desenvolvemento. Principios xerais. Incumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira e regra de gasto das corporacións locais.

50. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das entidades locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos.

51. Evolución histórica da lexislación urbanística española. O marco constitucional do urbanismo. A doutrina do Tribunal Constitucional. Competencias do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais en materia de urbanismo.

52. As clases e categorías do solo na lexislación estatal e autonómica. Réxime xurídico das distintas clases de solo.

53. Os instrumentos de ordenación do territorio: clases e obxectivos. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos.

54. Formulación, tramitación, aprobación e entrada en vigor do planeamento.

55. A execución do planeamento. Sistemas de actuación.

56. A disciplina urbanística e a súa regulación. Intervención da edificación e uso do solo. Instrumentos de intervención no mercado do solo. O patrimonio público do solo.

57. Expropiacións urbanísticas. Supostos expropiatorios. Procedementos de taxación individual e conxunta. Supostos indemnizatorios. As valoracións urbanísticas.

58. A lexislación ambiental: obxecto e fins. As competencias das entidades locais en materia de medio ambiente urbano. O control ambiental de actividades na normativa sectorial de aplicación. A xestión dos residuos urbanos na lexislación sectorial de aplicación. O abastecemento de auga e a evacuación e tratamento das augas residuais.

59. A lexislación sobre patrimonio histórico: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.

60. Políticas de igualdade de xénero. Políticas contra a violencia de xénero. Discapacidade e dependencia.

Aviso Legal y Condiciones de compra | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © 1996-2021 La Escuela de Oposiciones Técnicas

Contacta con nosotros

 918289688 | 637200311


¿Prefieres que te llamemos?

Su Email se envio con exito.

Hubo un erro al enviar el email.