agregar al carrito
BUSCA OPOSICIONES DESDE AQUÍ
No hay productos en el carrito de la compra

Oposiciones de Ingeniero de Caminos Ayuntamiento Lugo 2019 Promoción Interna

Especialidad: Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos
Área geográfica: Galicia
Fecha Convocatoria: 26/09/2019
Plazas: 1
Grupo: A1

Descripción de la oposición
Oposiciones de Ingeniero de Caminos Ayuntamiento Lugo 2019 Promoción Interna

(26/09/2019) Convocada 1 plaza por el turno de promoción interna de Ingeniero de Caminos para el Ayuntamiento de Lugo. Las bases específicas y el temario específico se han publicado en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26 de junio de 2019. Las bases generales y el temario general se han publicado en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07 de noviembre de 2014.


TEMARIO GENERAL INGENIERO DE CAMINOS
AYUNTAMIENTO LUGO

(último temario publicado por el Ayuntamiento de Lugo)


TEMA 1.- A Constitución española de 1978: estrutura e contido. A reforma constitucional. A Coroa. Sucesión. O Rei: as súas funcións.

TEMA 2.- Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

TEMA 3.- As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.

TEMA 4.- O Goberno e a Administración. O Goberno: composición e funcións. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais.

TEMA 5.- O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. Recursos e procesos ante o Tribunal Constitucional.

TEMA 6.- A Comunidade Autónoma Galega. O Estatuto de autonomía. O Parlamento de Galicia.

TEMA 7.- Administración autonómica de Galicia. Organización e estrutura básica.

TEMA 8.- O réxime local español. Principios constitucionais. As entidades locais: a provincia e outras entidades locais.

TEMA 9.- O municipio. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. Servizos municipais.

TEMA 10.- O municipio de Lugo. Organización municipal específica: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, tenentes de Alcalde e concelleiros delegados. Comisións do Pleno e outros órganos complementarios. Poboación e termo municipal.

TEMA 11.- Bens, actividades e servizos das entidades locais. A contratación local. O persoal ó servizo das entidades locais.

TEMA 12.- A potestade regulamentaria dos entes locais. Regulamento orgánico. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedemento de elaboración e aprobación. Límites da potestade regulamentaria.

TEMA 13.- O procedemento administrativo común. Principios. Estrutura.

TEMA 14.- O procedemento administrativo común: fases.

TEMA 15.- Procedemento administrativo sancionador.

TEMA 16.- A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Especial referencia á Administración local.

TEMA 17.- A revisión dos actos administrativos. Os recursos administrativos. A xurisdición contencioso administrativa: o recurso contencioso administrativo.

TEMA 18.- As facendas locais. Recursos das facendas locais. Especial referencia ós recursos do municipio. O orzamento das entidades locais. Contido e aprobación. Control e fiscalización do gasto público.  


TEMARIO ESPECÍFICO INGENIERODE CAMINOS
AYUNTAMIENTO DE LUGO

(último temario publicado por el Ayuntamiento de Lugo, 2019)


1. Propiedades do formigón fresco e do formigón endurecido. Retracción do formigón: factores e efectos. Características mecánicas do formigón. Durabilidade.

2. Posta en obra do formigón, transporte en obra, xuntas de formigonado, formigonado en tempo frío e en tempo caloroso, curado do formigón, encofrado, desencofrado e remate de superficies.

3. Disposición, colocación e dobrado de armaduras. Ancoraxe e empalme de armaduras. Adherencia entre formigón e aceiro. Durabilidade do formigón armado.

4. Trazado de estradas (I): trazado en planta. Trazado en alzado. Coordinación dos trazados en planta e alzado. Sección transversal.

5. Trazado de estradas (II): nodos, ramais, enlaces e interseccións. Programas integrados de trazado.

6. Drenaxe superficial (estudos hidráulicos, obras de desaugadoiro). Drenaxe subterráneo. Normativa aplicable.

7. Sinalización, balizamento e defensas. Normativa aplicable. Condicións que debe cumprir a sinalización. Tipos de sinais. Emprego da sinalización.

8. Constitución de firmes. Áridos. Ligantes bituminosos. Capas granulares. Estabilizacións. Tratamentos superficiais. Mesturas bituminosas. Pavimentos de formigón. Características superficiais. Normativa aplicable.

9. Características funcionais e estruturais do firme. Métodos analíticos de dimensionamento de firmes: presentación do proceso, datos de entrada, modelos teóricos de comportamento, análise de resultados.

10. Métodos empíricos de dimensionamento de firmes: estrutura xeral, método AASHTO, catálogos de seccións estruturais, norma 6.1-IC.

11. A capa de rodadura. Funcións e características. Mesturas bituminosas en quente para capas de rodadura. Comparación entre as distintas mesturas para rodadura.

12. As capas inferiores. Funcións e características. Mesturas bituminosas en quente para capas inferiores. Comparación entre as distintas mesturas.

13. A explanada como cimento do firme. Caracterización mecánica da explanada: tipos de ensaios. Incidencias da explanada no dimensionamento de firmes. Clasificación de explanadas en España.

14. Conservación e rehabilitación de firmes. Actuacións ordinarias. Rehabilitacións estruturais. Renovacións superficiais.

15. Pavimentación de vías urbanas (l). Características específicas do firme: esixencias técnicas, funcionais, ambientais e estéticas, de explotación e económicas. Seccións estruturais de firmes.

16. Pavimentación de vías urbanas (II). Pavimentos para zonas peonís: funcións e propiedades, tipo de pavimentos. Pavimentos en pistas para ciclistas.

17. Variables e parámetros fundamentais do tráfico, relacións entre eles. Capacidade e nivel de servizo, intensidade de servizo. Características do fluxo do tráfico: variación, distribución e composición. Modelos para a previsión do futuro da mobilidade.

18. Xestión da circulación en zonas urbanas. Regulación do estacionamento. Sistemas de información aos usuarios. Tratamento dos tráficos de peóns e de ciclistas. Seguridade viaria en zonas urbanas.

19. Regulación de interseccións mediante semáforos. Funcionamento dos semáforos. Reguladores. Coordinación de semáforos.

20. Bandas transversais de alerta en ámbito urbano. Criterios de deseño e instalación.

21. Redutores de velocidade prefabricados en ámbito urbano. Criterios de deseño e instalación. Redutores de velocidade non prefabricados sobreelevados en ámbito urbano. Criterios de deseño e instalación.

22. O transporte no medio urbano. Transportes público e privado. Novas tecnoloxías para a redución da conxestión do tráfico urbano.

23. As estacións de autobuses. Antecedentes e evolución. Aparcadoiros de disuasión. Intercambiadores modais. 

24. Sinalización horizontal e vertical en zonas urbanas e novas urbanizacións. Normativa, criterios, materiais e posta en obra.

25. Sinalización provisoria por obras en zona urbana. Normativa. Criterios. Materiais. Disposición de elementos de sinalización en zona de obra urbana. Coordinación entre servizos municipais e organismos públicos.

26. Iluminación pública: factores determinantes da visibilidade, compoñentes da instalación. Deseño dunha instalación de iluminación pública: parámetros básicos, materiais, implantación, predimensionamento da instalación.

27. O proceso da contaminación de ríos, lagos e encoros. Eutrofización. O proceso de autodepuración dos ríos.

28. Tecnoloxías non convencionais de depuración para pequenas poboacións: Sistemas de tratamento por aplicación ao terreo. Aplicación superficial e subsuperficial. Vantaxes e inconvenientes dos sistemas TAT.

29. Sistemas naturais de depuración. Zonas húmidas artificiais. Fundamentos, clasificación, aplicabilidade e rendemento. Vantaxes e inconvenientes.

30. Tratamento de augas residuais mediante lagonaxe. Fundamento, esquema de funcionamento, tipos de lagoas, vantaxes e inconvenientes do lagonaxe.

31. A auga no terreo: tipos de auga no terreo, zonas do terreo segundo o tipo de auga, acuíferos. Realimentación de acuíferos: obxectivos e sistemas de recarga natural, inducida e artificial.

32. Captación de augas superficiais. Captación de augas de choiva. Captación de mananciais. Captacións de auga en ríos. Captación de auga en lagos. Toma de auga en encoros.

33. Captación de augas subterráneas. Criterios de localización. Tipos de captacións (verticais, horizontais, mixtos). Perímetros de protección. Galerías de auga. Xestión integrada das augas superficiais e subterráneas.

34. Abastecemento de auga a poboacións. Necesidades de auga. Usos e demandas. Consumo urbano. Dotacións. Variación e evolución do consumo.

35. Control da calidade da auga de abastecemento para consumo público. Normativa vixente. Criterios de calidade e puntos de cumprimento. Captación, tratamento de potabilización e control de calidade da auga de consumo humano.

36. Caudais de achega de augas residuais a unha rede de saneamento: caudal de augas residuais domésticas, caudal de augas residuais industriais. Variacións horarias e estacionais dos caudais. Cálculo de caudais.

37. Caudais de achega de augas de choiva a unha rede de saneamento: precipitacións, intensidade de choiva, período de retorno, coeficientes de escoamento, tempo de concentración, áreas vertentes. Cálculo de caudais.

38. Tipos de contaminación das augas residuais. As augas residuais de orixe doméstica: principais contaminantes. Contaminación das ARU en tempo seco: compoñentes, cargas contaminantes, variación temporal da contaminación.

39. Contaminación das augas de escoamento urbano. Fontes de contaminación. Acumulación e arrastre da contaminación na superficie da cunca.

40. Deseño de redes de abastecemento. Trazado en planta. Trazado en alzado. Presións. Velocidades de circulación. Diámetros. Materiais.

41. Estacións de bombeo. Selección do tipo de bomba e transitorios. Protección e tipos de estacións. Estacións de sobrepresión. Elementos construtivos. Trazado, tipos e cálculo de impulsións.

42. Depósitos de regulación e distribución: finalidade e clasificación. Capacidade dos depósitos: volume de reserva, para avarías e para incendios. Capacidade de regulación do sistema de abastecemento de auga da cidade de Lugo.

43. Depósitos de regulación e distribución: localización, formas e disposicións no terreo. Funcionamento do sistema de abastecemento de auga da cidade de Lugo.

44. Depósitos de regulación e distribución: características referentes ao deseño, á construción e á explotación. Problemas de calidade da auga no almacenamento. Control e medición do funcionamento do depósito.

45. Constitución dos depósitos: muros de recinto, tabiques divisorios, soleira, cuberta, cámara de chaves. Dispositivos e equipamento dos depósitos: chegada de auga, desaugadoiros e vertedoiros, ventilación, impermeabilización e xuntas.

46. Tratamento de augas para abastecemento. Análise de factores que condicionan a definición da liña de tratamento dunha ETAP. Plantas de tratamento en función do tamaño da poboación.

47. Métodos de desinfección de auga potable. Cloración. Acción do cloro. Cloración ao break-point. Sistemas de cloración. Control da cloración e aplicacións.

48. Mecanismo de desinfección mediante radiación UV. Tipos de lámpadas. Métodos de contacto lámpada-auga. Vantaxes e desvantaxes. Subprodutos de desinfección.  

49. Desinfección con ozono. Características e xeración de ozono. Vantaxes e desvantaxes. Outros usos de ozono nunha ETAP.

50. Sistemas de saneamento de aglomeracións urbanas. Problemática de deseño dos sistemas de saneamento. Sistemas de evacuación unitarios e separativos. Vantaxes e inconvenientes.

51. Deseño ambiental dos sistemas de saneamento. Uso de técnicas de xestión de augas pluviais nos sistemas de saneamento e drenaxe. Tipoloxía das TXAP. Criterios xerais de deseño para as TXAP en sistemas unitarios e sistemas separativos.

52. Trazado de redes de saneamento. Trazado en planta. Limitacións por afeccións a dominio público, estradas, liñas ferroviarias e vías pecuarias. Trazado en alzado.

53. Instalacións complementarias da rede de saneamento: baixantes, sumidoiros, arquetas de inspección e pozos de rexistro, acometidas, cámaras de descarga, válvulas, ventosas, desaugadoiros e comportas, sifóns, aliviadoiros e depósitos de retención.

54. Cálculo hidráulico de conducións das redes de saneamento. Velocidades de circulación. Ámbito de aplicación e ecuacións de cálculo para réxime permanente uniforme, réxime permanente gradualmente variado e réxime non permanente.

55. Impulsión de augas residuais. Tipos de bombas. Bombas de desprazamento positivo: bombas alternativas, bombas rotatorias, bombas de parafuso, exector pneumático. Bombas centrífugas. Bombas para augas residuais: bombas centrífugas; bombas axiais ou de hélice; bombas dilaceradoras e bombas de parafuso.

56. Deseño das bombas (velocidade específica, curvas características, punto de funcionamento, axuste de bombas en serie e en paralelo) e características: caudal para elevar e tempo de funcionamento, diámetro do conduto de impulsión.

57. Estacións de bombeo de augas residuais: localización, deseño e dimensionamento do depósito de bombeo, instalación de bombas somerxidas.

58. Pretratamentos dunha depuradora. Obxectivo. Obra de chegada. Desbaste: tipos de reixas e barutos, dilaceración. Desareado: tipos de desareadores e sistemas de extracción de areas. Desengraxado. Desareadodesengraxado conxunto.

59. Tratamentos primarios dunha depuradora. Obxectivos. Tipos de procesos. Teoría da sedimentación. Parámetros de deseño da decantación primaria. Dimensionado dos decantadores. Vantaxes e desvantaxes da decantación primaria.

60. Tipos de decantadores: polo tipo de proceso, polo fluxo hidráulico, pola concentración de lodos e pola reutilización de lodos. Decantadores pulsator e accelator. Dispositivos dos decantadores: entrada de auga, sistemas de saída de auga, varrido de lodos, pozas de lodo, dispositivos de retirada de graxas e purga de lodos.

61. Tratamento biolóxico de AR: leitos bacterianos. Concepto e fundamento do proceso. Tipos de leitos bacterianos. Elementos principais do sistema: medio soporte, depósito do reactor biolóxico, alimentación de auga residual, ventilación e saída de auga tratada.

62. Problemas dos leitos bacterianos: posta en marcha, desaparición da película biolóxica, encharcamento, olores, moscas, espumas e xeo. Explotación e mantemento de leitos bacterianos.

63. Tratamento biolóxico de AR: biodiscos. Descrición do proceso. Fundamento. Características dos discos rotatorios. Factores que afectan ao funcionamento dos biodiscos. Aplicación, vantaxes e desvantaxes do proceso.

64. Lamas activas convencionais. Descrición do proceso. Parámetros fundamentais do proceso: carga másica, carga volúmica, tempo de retención celular, rendemento, produción específica de lamas, necesidades de osíxeno e recirculación de lamas. Sistemas de aireación. Decantación secundaria. Vantaxes e inconvenientes.

65. Lodos procedentes de EDARs: características e produción de lodos. Marco normativo. Posibilidades de destino final.

66. Espesamento de lodos de depuración: obxectivos, tipos de procesos de espesamento. Espesamento por gravidade, por flotación, por centrifugación e por filtros de banda por gravidade. Espesadores de tambor rotativo.

67. Estabilización de lodos de depuración. Tipos de estabilización. Estabilización con cal. Tratamento térmico. Dixestión aerobia. Dixestión anaerobia.

68. Deshidratación-acondicionamento da lama de depuración. Tipos de deshidratación. Eras de secado. Deshidratación mecánica (filtros de baleiro, centrífugas, filtros banda e filtros prensa). Evacuación de lamas.

69. Destino final de lamas de depuración: uso agrícola. Problemas, condicionantes e preparación de lodos para a súa aplicación en agricultura. Compostaxe.  

70. Destino final de lamas de depuración: valorización enerxética. Incineración: tipos de incineradores. Vantaxes e inconvenientes do sistema de incineración. Autocombustión e recuperación enerxética. Gasificación.

71. Destino final de lamas de depuración: descarga en vertedoiros. Tipos de vertedoiros: vertedoiros exclusivos de lodos e vertedoiros combinados. Selección da localización do vertedoiro.

72. O proxecto de obras. Contido mínimo e responsabilidade derivada da súa elaboración, esixencia de clasificación do contratista, revisión de prezos, prego de prescricións técnicas, supervisión de proxectos, replanteo do proxecto.

73. Execución do contrato de obras. Comprobación do replanteo, responsabilidade do contratista, certificacións de obra, obras a tanto alzado e con prezo cerrado, modificación do contrato de obras, obras complementarias, liquidación e recepción das obras e conservación durante o período de garantía.

74. Valoración das obras a efectos de proxecto. Prezos de execución material das unidades de obra. Custos directos e indirectos. Custo da man de obra. Custo dos materiais. Custo de utilización da maquinaria. Cálculo do prezo de execución material dunha unidade de obra. Cálculo da porcentaxe de custos indirectos.

75. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Estudo e estudo básico de seguridade e saúde: obrigatoriedade e contido. Plan de seguridade e saúde: contido e aprobación. Libro de incidencias. Coordinadores en materia de seguridade e saúde, funcións. Obrigacións do contratista en materia de seguridade e saúde.

76. Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Lexislación aplicable. Características de accesibilidade en espazos públicos, elementos de urbanización e mobiliario urbano. 

Aviso Legal y Condiciones de compra | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © 1996-2021 La Escuela de Oposiciones Técnicas

Contacta con nosotros

 918289688 | 637200311


¿Prefieres que te llamemos?

Su Email se envio con exito.

Hubo un erro al enviar el email.